Sánchez e Besteiro queren saber as intencións reais de Rajoy coa reforma electoral

O novo líder do PSOE visitou Compostela, onde o seu homólogo galego criticou a reunión que celebrarán o domingo na cidade Mariano Rajoy e Ángela Merkel.  

Besteiro e Sánchez
photo_camera Besteiro e Sánchez.

O novo secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, subliñou este sábado, na súa visita a Santiago de Compostela, que quere saber si o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, apoia a reforma da Lei electoral ou esta é só unha proposta dalgúns membros do PP, como é o caso do vicesecretario de Política Autonómica e Local do PP, Javier Arenas.

Así se pronunciou Sánchez tras ser preguntado polas declaracións de Arenas, quen indicou que o PSOE rexeitaba a reforma do sistema de elección de alcaldes proposto polo PP debido a que os socialistas non queren perder o "choio" de lograr alcaldías "sen gañar" eleccións. Así as cousas, Sánchez solicitou a comparecencia de Rajoy no Congreso para coñecer a súa opinión sobre a reforma da Lei electoral para que goberne a lista máis votada.

Galiza

Pola súa parte, Sánchez tamén mantivo reunións con socialistas galegos e representantes de diversos sectores. Estivo acompañado polo líder do PSOE en Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, que fixo referencia á reunión que manterán en Santiago Mariano Rajoy e Ángela Merkel, na que farán un treito do Camiño de Santiago. “Agardo tamén pensen no camiño duro que lle espera a moita xente que non chega a fin de mes”, dixo o presidente da Deputación de Lugo ao respecto.  

Comentarios