Tempo de manifestos, non só en Galiza, senón tamén no Estado español. Desra vez, en Madrid e da man dunha serie de cargos e dirixentes de Izquierda Unida que veñen de impulsar ‘IU, un proxecto de longo percorrido’, un manifesto no que se mostran críticos co modelo de converxencia da esquerda que está a deseñar Alberto Garzón, segundo ‘El Diario’.
O que realmente se precisa “é un programa político e non unha maré de siglas” defenden desde este sector
Sosteñen que avanzar cara á confluencia con Podemos non debe implicar que se dilúan nin as siglas nin o proxecto de Izquierda Unida. As persoas impulsoras do manifesto, para o que agora procuran apoios entre a militancia de IU, non son refractarias a un etendemento con Podemos e a esquerda, mais si a que desaparezan as siglas e o proxecto político, di ‘El Diario’.
Entre as persoas asinantes, cargos publicos de IU e dirixentes da federación, que defenden que o que realmente se precisa “é un programa político e non unha maré de siglas”.
No manifesto afírmase que Izquierda Unida "ten que se ater á súa propia axenda. Debe tomar boa nota da evolución social e política do país, das grandes tendencias e demandas da sociedade española. (...) Mais a súa organización, estratexia, proxecto e siglas son referencias esenciais para o diálogo social e político".