De Ponteareas a Burela e de Compostela a Ourense, as prazas de 9 vilas e cidades galegas acolleron concentracións de apoio á consulta catalá e de rexeitamento á decisión do Tribunal Constitucional. As mobilizacións decorreron pouco despois de que en Catalunya milleiros de persoas saísen ás rúas para demandar o dereito a votar o vindeiro 9 de novembro.
‘Galiza con Catalunya. Autodeterminación é democracia’ e ‘Os pobos deciden’ eran algunhas das lendas nas concentracións na Galiza, realizadas en rexime de auto-convocatoria, e na que tomaron parte militantes e simpatizantes das diferentes organizacións soberanistas. Tamén estiveron presentes nalgunhas delas, caso da de Compostela, membros da ANC-Galiza e cataláns emigrad@s no noso país.