Soria renuncia como ministro e deputado polos 'papeis de Panamá'

Demite após afirmar nun primeiro momento que non tiña nada a ver con empresas 'offshore'.

jose manuel soria

José Manuel Soria deixa todos os seus cargos: ministro de Industria, Enerxía e Turismo en funcións, deputado do Partido Popular e presidente do PP en Canarias. A súa renuncia prodúcese após se coñecer a súa relación con empresas offshore, algo que el negaba.

"Após conversa co presidente do Gobierno, trasladeille a muña decisión irrevocábel de presentar a miña renuncia expresa ás funcións que como Ministro de Industria, Enerxgía e Turismo teño encomendadas desde o pasado día 21 de diciembre", recolle po comunicado emitido por José Manuel Soria.

O até agora ministro en funcións vira como nas últimas horas se complicaba a súa situación, após aparecer informacións periodísticas que desmentían as negativas de Soria. Fontes cercanas ao alto mando do PP daban por descontado que Soria tería que demitir. 

Comentarios