Xulio Ferreiro cre que “non é o momento” de abrir o debate sobre Luis Villares

Recoñece que existe “un certo desánimo” e “certa preocupación” polo rumbo de En Marea.

Xulio Ferreiro
photo_camera Xulio Ferreiro

“Non é o momento de falar de se Luis Villares ten que deixar de ser portavoz” [de En Marea]. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, expresouse así na entrevista deste domingo en Radio Nacional, onde recoñeceu que hai “desánimo” e “preocupación” polo rumbo de En Marea mais entende que “non se trata de focalizar a cuestión en persoas concretas”.

Nesta liña, o rexedor afirma que hai un “rumbo pouco definido” en En Marea e aposta nunha “revitalización dos espazos”, en pular por atinxir “un consenso” e volver así a “ilusionar a xente” para ser unha “alternativa clara ao PP”. Defendeu a ‘mesa da confluencia’ impulsada para, dixo, “recuperar o espírito de convivencia” en En Marea.

Comentarios