A Xunta mantén aberta a billa para o golf e a equitación mentres se recorta en servizos sociais

A deputada nacionalista Carme Adán leva ao Parlamento as axudas e subvencións públicas a ''entidades privadas'' para incentivar o turismo dotándoas de equipamento  para equitación ou golf.

A deputada do BNG, Carme Adán vén de rexistrar diversas iniciativas sobre a resolución pola cal se lle dá publicidade ás axudas a entidades privadas para incentivar o turismo dotando de equipamentos a empresas de servizos turísticos complementarios. Entre estes equipamentos figuran 'buggies' de golf, paus de golf. Material para a equitación (cabezadas, mantas de cabalo, cepillos...)...

Para a parlamentar nacionalista “non deixa de sorprender” que mentres o goberno galego recorta ''sistematicamente servizos públicos necesarios'', destine 130.000 euros á compra de equipamentos deportivos, a través da Axencia de Turismo de Galiza ''para nichos de mercado tan minoritarios como a equitación, o golf ou turismo náutico''.

Comentarios