Aparentemente, cada vez son máis as persoas que rexeitan e condenan os casos de asasinato machistas ou de violencia física no seo da parella ou ex-parella. Despois dun feminicidio as redes ferven de carraxe e as portas dos concellos e das institucións acollen a cidadanía e politicxsque cando menos por un minuto lembran a inxustiza das mulleres asasinadas.
De igual modo, temos a impresión de que corren tempos de involución á hora de identificar vellas formas de machismo, de sexismo. Demonízase o uso das novas tecnoloxías entre a xente moza como se fosen as culpables dos acosos que por elas transitan. Non son máis que os novos instrumentos e recursos cos que conta na actualidade a cidadanía para relacionarse e que reproducen os valores do sistema heteropatriarcal. Transmiten as vellas formas da violencia machista e socialmente noméanse como os novos machismos. Coñecida é a facilidade do patriarcado para adaptarse aos tempos e sortear os avances da loita feminista.
[Podes ler a análise íntegra no número 273 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]