Así se lle comunicou á pasaxe unha vez dentro do avión, onde permaneceu en espera da autorización para realizar a conexión, que demorou desde a hora prevista, 19.45 horas, até a media noite.
O protocolo activouse, segundo relata un dos viaxeiros, polo malestar dun menor que formaba parte dunha excursión procedente de Roma. O aviso fixo que se obrigase a embarcar a toda a pasaxe, incluída a excusión, agás o rapaz.
Como indica, foi o comandante quen foi proporcionando a información que se lles deu até que, en determinado momento, apareceu persoal do Ministerio de Sanidade no avión, protexido con máscaras e traxes, para informar dos protocolos a seguir polo risco de contaxio.
Finalemente, o voo puido despegar e chegou pasada a unha da madrugada a destino, sen que as persoas viaxeiras fosen sometidas a ningún tipo de control médico, máis alá de deixar os seus datos documentados e a consigna de chamar ao 112 ante a eventual aparición dalgún síntoma.