O seguimento dun caso importado de Covid-19 nunha moza procedente de México, ingresada no Hospital Universitario de Ourense, detectou tres positivos máis no concello de Beariz, dous deles importados tamén.
Así o informou a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, que explicou que a moza procedente de México permanece ingresada no Hospital Universitario de Ourense "por unha patoloxía non relacionada co virus" e que tivo PCR positiva.
O tres positivos máis detectados confirmados por PCR en Beariz corresponden dous deles a casos "importados", puntualizaron as mesmas fontes, "e con nexo familiar con esta".
Todos eles, destacaron as mesmas fontes da área sanitaria nun comunicado de prensa, permanecen "en illamento e seguimento domiciliario".