O xuízo por vulneración de dereitos fundamentais dunha xornalista da CRTVG, visto para sentenza

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG, non asistiu na mañá desta terza feira ao xuízo por vulneración de dereitos fundamentais dunha xornalista da compañía. No seu lugar fíxoo a directora de recursos humanos, Susana Fernández Veiguela, quen finalmente a acusación decidiu non interrogar. A xuíz do caso, instruído no Xulgado do Social número 1 de Compostela, reservouse valorar en sentenza a decisión de non acudir de Sánchez Izquierdo.
 

foto xuízo Sánchez Izquierdo
photo_camera Concentración de traballadores da CRTVG perante o Xulgado do Social de Compostela. Foto: Laura R. Cuba
Comentarios