O coronavirus na Galiza continúa o seu devalo, aos poucos, e tendo en conta que a posibilidade dun rebrote está presente nas advertencias de informes e expertas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta cuarta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 678.
Deles 147 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 60 da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 257 da área de Vigo, 130 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI (2 menos), 28 están en unidades de hospitalización (1 máis) e 649 no domicilio (60 menos).
Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.033 persoas curadas, rexistrándose 617 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 145.644.
No que atinxe ás residencias de anciás, hai 63 casos activos (12 menos ca onte), dos que 34 son de persoas usuarias mentres que 29 son de traballadoras e traballadores.
Os falecementos mantéñense en 273: 132 en residencias e 141 en hospitais e residencias integradas.