Colombia pon fin ás touradas coa lei 'non máis olé'

Só sete Estados manteñen as touradas como legais.
Gustavo Petro, líder de Colombia. (Foto: Cristian Bayona / Europa Press / Contacto)
photo_camera Gustavo Petro, líder de Colombia. (Foto: Cristian Bayona / Europa Press / Contacto)

O presidente colombiano, o progresista Gustavo Petro, sancionou na madrugada da terza feira a coñecida como lei ‘non máis olé’, que prohibe as touradas no país americano unha vez que finalice un período de transición de tres anos.

Coa entrada en vigor da norma en Colombia apenas sete Estados manteñen as touradas como unha actividade legal: Francia, Portugal, o Estado Español, o Ecuador, México, o Perú e Venezuela.

Comentarios