Este sábado Adega fará entrega nun acto en Gondomar dos seus premios ‘Osíxeno e Dioxina’, uns galardóns cos que esta entidade quer recoñecer o mellor e peor ambientalmente falando do ano. Nesta 17 edición, o premio Osíxeno de Honra 2017 vai para recoñecer o traballo e a traxectoria en defensa do ambiente e do patrimonio de Agustín Ferreira, fundador de Anabam (Asociación Naturalista do Baixo Miño) e da Asociación Cultural Guardesa.
Premios Osíxeno 2017 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano
En categoría individual: Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio, polo seu compromiso e activismo en defensa do patrimonio galego e contra o espolio da industria pasteiro-enerética.
En categoría colectivo: Comunidades de montes de O Covelo, Coruxo, e Froxán (Galiza) e do Casal de São Simão (Portugal) polas súas actuacións a prol doutros modelos máis sustentábeis para e xestión dos montes, contra os lumes e a eucaliptización.
Premios Dioxina 2017 ás accións máis nefastas para o ambiente
-Premio Dioxina 2017, categoría individual: o conselleiro de Industria, Francisco Conde, "máximo responsábel do departamento que promoveu a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación".
-Premio Dioxina 2017, categoría colectivo: os dirixentes da Consellaría do Medio Rural "polo seu desleixo na salvagarda da Lexislación de Montes e a súa conivencia co lobby pasteiro-enerxético, que mesmo provocou a eucaliptización de lugares tan emblemáticos como o Pedregal de Irimia".