A Avaliación para o Acceso á Universidade (ABAU) da Galiza arrincou esta terza feira, por vez primeira, co exame de Lingua Galega e Literatura, que incluíu un texto para analizar e comentar sobre o Samaín da autoría do antropólogo Rafael Quintía, así como preguntas sobre os prexuízos que rodean o idioma, as persoas neofalantes e os bloques dialectais.
O exame consta de seis preguntas —con diferentes apartados— de 2,5 puntos cada unha, das que o alumno ou alumna pode responder un máximo de catro, combinadas como prefira. Se responde máis preguntas das permitidas, só se corrixen as catro primeiras respondidas.
Reproducimos o exame completo a continuación para que poidas facer memoria e pór a proba os teus coñecementos. Serías capaz de aprobalo?