Un incendio forestal declarado contra as 19 horas desta cuarta feira na Coruña arrasou até o momento unhas seis hectáreas de superficie, segundo as primeiras estimacións.
Os equipos de extinción deron o fogo por controlado durante a madrugada, mais esta mesma mañá as chamas reaviváronse nas inmediacións do Castro de Elviña.
‼️ O incendio declarado onte no Castro de Elviña (A Coruña) reavivouse na mañá desta quinta feira após calcinar unhas cinco hectáreas
— Nós Diario (@NosDiario) August 4, 2022
📺 @manuelfcomendez pic.twitter.com/hJgK74SNSp
Con todo, contra as 12 horas os servizos de extinción volveron controlar o incendio e agora traballan na refrixeración da contorna para evitar un novo surto, segundo vén de informar o Concello da Coruña.
Proximidade ás vivendas
O lume atópase moi perto da Terceira Ronda, así como do campus universitario da UDC. Aliás, hai núcleos de vivendas próximos, o que desatou a preocupación entre a veciñanza.
Desde o Goberno coruñés informaron de posíbeis cortes de tráfico na zona por mor das chamas, en función da evolución do incendio, algo que, polo de agora, non foi preciso.
Así se ve dende as nosas ventás o incendio que se declarou onte no Castro de Elviña. Confiemos en que pronto estea completamente extinguido! 🤞 pic.twitter.com/CpFC31OeHU
— Biblioteca → Ciencias → UDC (@BiblioCiencias) August 4, 2022