'Irimia' reforzará o seu espazo na Rede

A revista da “teoloxía da liberación galega” fai 1.000 números

A asociación Irimia naceu en 1978. O seu obxectivo fundacional, explicaba o finado Xosé Chao Rego, era “artellar todo ese movemento, bastante difuso” que abalaba entre “os valores do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade”. Corenta anos despois aínda respira. E a súa emblemática revista atinxe o número 1000.
 

mesa de redacción Irimia 1984
photo_camera A mesa de redacción de 'Irimia' en 1984 en Vilalba. De esquerda a dereita, comezando no segundo: Alfonso Blanco, Daniel López, Manolo Regal, Xosé Antón Miguélez, Victorino Pérez (de pé) e Xosé Lois Vilar. Acompáñaos Carlos Montero (primeiro pola esquerda). Foto: 'Irimia'.
Comentarios