Jaione Camborda presidirá o Xurado Oficial do 72 Festival de Cinema de Donostia

O 72 Festival Internacional de Cinema de Donostia dará comezo esta sexta feira, 20 de setembro, e estenderase até o sábado 28.
Jaione Camborda, directora de 'O corno' (Foto: OUFF).
photo_camera Jaione Camborda, directora de 'O corno' (Foto: OUFF).

A cineasta donostiarra Jaione Camborda, fincada en Santiago de Compostela desde hai anos, presidirá o Xurado Oficial do 72 Festival Internacional de Cinema de Donostia, que integrará xunto á escritora Leila Guerriero, o actor Fran Kranz, os cineastas Christos Nikou e Ulrich Seidl e a produtora Carole Scotta e Ulrich Seidl.

Ademais, o actor Andrew Garfield protagonizará unha conversa co director de We Live in Estafe (Vivir o momento), John Crowley e o guionista Nick Payne a sexta feira 27 de setembro.

Nun comunicado, a organización do 72 Festival Internacional de Cinema de Donostia, que se terá lugar entre o 20 e 28 de setembro deron conta da composición do xurado da Sección Oficial desta edición que presidirá a gañadora da Cuncha de Ouro do ano pasado, a primeira cineasta española en conseguilo, a directora de O Corno.

Outros premios e xurados

O xurado do Premio Irizar ao Cinema Vasco presidirao a actriz Itziar Lazkano e contará tamén co director de Zinebi, Joseba Lopezortega e a xornalista Izaskun Rodríguez.

Pola súa parte, o xurado do Premio Kutxabank-New Directors estará presidido polo produtor e distribuidor Philippe Bober xunto ao director Eduardo Crespo, a crítica e programadora Jessica Kiang, a cineasta Izibene Oñederra e a directora Aulona Selmani. O do Premio Horizontes presidirao o crítico cinematográfico Juan Lima e integrarano o produtor Pedro Hernández Santos e a directora Valentina Maurel.

O Xurado do Premio Zabaltegi-Tabakalera integrarano a directora do festival Visions du Réel, Emilie Bujès, que será a presidenta; o cineasta Santiago Louza e a produtora Hrönn Kristinsdóttir. O do Premio Nest The Mediapro integrarao a cineasta Albertina Carri e o do Premio Culinary Zinema estará presidido pola actriz Irene Escolar, á que acompañarán o crítico gastronómico Javier Suárez e o presidente da Real Academia de Gastronomía, Luís Suárez de Lezo.

O xurado do Premio Eusko Label integrarano Fredéric Boyer, director artístico dos festivais de Tribeca e Lles Arcs e responsable de programación do Festival de Reykjavik (presidente); a traballadora da área de comunicación de Hazi, Nagore García e o chef Roberto Ruiz.

O xurado do Premio Lotarías presidirao a actriz Emma Suárez á que acompañarán a responsábel de comunicación de Lotarías, María Nuñez, e o director do Festival de Cinema de San Sebastián, José Luís Rebordinos. O xurado do Premio ao Mellor Proxecto do Foro de Coprodución Europa-América Latina estará conformado pola xestora cultural Isona Admetlla; a curadora Flor Schapiro e a produtora Micaela Solé.

Comentarios