Unha xornada aborda a relación de Vicente Risco coa música

A ópera 'Lobra branca' terá a súa estrea en galego, no Teatro Principal de Ourense, o día 27 de setembro. 
O artista tocando o piano. (Foto: Brais González)
photo_camera O artista tocando o piano. (Foto: Brais González)

Os próximos días 27 e 28 de setembro, no Teatro Principal de Ourense,  Ourense e Allariz, terá  terá lugar a estrea absoluta en galego da ópera Loba Branca baseada nun conto tradicional galego recollido por Vicente Risco, que foi estreada en italiano con moito éxito no país transalpino.

O concerto preludia a xornada que terá lugar ao día seguinte, en Allariz, coa xornada A música ten ondas coma o mar. A música e Vicente Risco, que abordará os aspectos materiais e inmateriais do legado de Vicente Risco e a súa esposa María del Carmen Fernández Gómez.

Na xornada intervirán Lorena López Cobas, autora da Historia da música en Galicia (Ouvirmos, 2013) e asesora de música e artes escénicas da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Pablo Sánchez Otero, lutier artesán de Artesanía da Galiza; Samuel Diz, concertista e investigador; Isabel Rei Samartim, música guitarrista, profesora e investigadora; Rosa María Cid Galante, profesora e investigadora, e Miquel Badal, presidente da Fundación Frederic Mompou, nunha xornada que abrirán Cristina Cid Fernández, alcaldesa do Concello de Allariz; Olga Mojón Costela, directora do Teatro Principal de Ourense; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Celia Pereira Porto, presidenta da Fundación Vicente Risco.

A xornada finalizará cun concerto a cargo de Belén Vaquero, soprano, e Ramón Carnota, mandolina -que neste concerto reestrea a mandolina REX, conservada na Fundación Vicente Risco e que se puido restaurar grazas á colaboración de Artesanía de Galiza.

Comentarios