Traballadoras e traballadores da CRTVG volverán manifestarse polas rúas de Compostela o vindeiro 19 de decembro. A marcha coincidirá coa folga de 24 horas convocada polo comité intercentros para esa xornada, e que se estenderá á quenda de fin de semana o sábado 22.
A xuntanza prevista para esta segunda feira entre empresa e comité non se realizou. A empresa non se presentou e, segundo o comité, solicitou por mail adiar a reunión a esta terza feira, a escasas horas de inicio da greve. Unha solicitude que veu acompañado dunha proposta “inasumíbel”, indican os representantes do persoal. Así pois, a greve vai adiante.
A greve do 19 e o 22 de decembro será o último episodio do conflito que enfronta a dirección do ente público cos seus empregados. Paros parciais sucedéronse ao longo de novembro e, na orde xornalística, cada sexta feira convócase un #VenresNegro en protesta contra as inxerencias politicas do PP no labor informativo.