CIG gaña as eleccións sindicais do persoal funcionario da Xunta e atinxe o 42% d@s delegad@s

Obtivo 51 delegad@s (9 máis que nas anteriores) dos 121 que compoñen as 5 xuntas de persoal.

A CIG gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario da Xunta, que se realizaron esta semana, ao obter 51 representantes, por 31 de CSIG, 22 CCOO, e 17 da UGT. O sindicato nacionalista aumentou a súa representación en 9 delegad@s e foi a máis votada en catro das cinco xuntas de persoal (Servizos centrais, A Coruña, Lugo e Pontevedra), mentres que CCOO se impuxo en Ourense.

A CIG afirma que o voto a esta sindicato nesta cita coas urnas "foi un voto contra os recortes, as privatizacións e contra a xestión en materia de persoal da Xunta de Galiza”, ademais de ser un sufraxio “en defensa do Público e da nosa dignidade e dereitos”


 

Comentarios