Povisa contrata persoal externo para substituír @s traballador@s en folga

En asemblea, o comité de empresa decidiu aprazar a greve indefinida desde este 19 de marzo ás 22h "namentres inspección de Traballo non solucione os servizos mínimos" que a dirección da empresa ''está a vulnerar''.

povisa_dentro
photo_camera © S.S.

A folga indefinida encetada pol@s traballador@s de Povisa este 17 de marzo ficará aprazada desde o 19 ás 22h "até que inspección de Traballo non solucione o conflito dos servizos mínimos". Pactados entre a dirección e o comité de greve, a presidenta do comité de empresa, María Xesús Neira (CIG), informou en conversa con Sermos Galiza de que os mínimos acordados están a ser vulnerados. A empresa mesmo contratou persoal externo para substituír @s folguist@s.

Así as cousas, concreta Neira como na clínica de día están a traballar o 100% d@s celador@s cando os servizos mínimos estabelecen que só o farán o 50%; na UCI "quitaron unha enfermeira e pasárona para a clínica de día"; no quirófano estivo un alumno de prácticas instrumentando; o quirófano de urxencias, o único incluído nos servizos mínimos por ser o das fins de semana, o persoal foi desprazado a outro quirófano para practicar intervencións programadas non urxentes. 

"Chamamos a inspección de Traballo hoxe --en referencia a esta terza feira-- e veu unha inspectora que non é a habitual que temos. Deu a razón en practicamente todo á empresa polo que en asemblea decidimos aprazar a folga" até que non se resolva o conflito dos servizos mínimos. Cómpre lembrar que esta é a segunda greve en Povisa en sete meses e que ten por obxectivo presionar para paralizar o despedimento de 14 traballador@s.

Comentarios