O sindicalismo 'alternativo' chama a facer fronte á 'barbarie' do capitalismo

Sindicatos como CUT, CNT e CGT mobilizáronse neste 1º de maio contra un sistema capitalista que, denuncian, zuga a vida da clase traballadora. 

Sin nombre
photo_camera @arancharf

O sindicalismo 'alternativo e de clase' saíu ás rúas neste 1º de maio en Vigo, Ourense, A Coruña ou Compostela foron as cidades do país onde decorreron algunhas das mobilizacións. Mobilizacións nas que tomaban parte a CUT, CNT e CGT, así como diversas entidades e colectivos sociais.

'Liberdade, loita e dignidade' era a palabra de orde dunha destas manifes, a que transcurriu na capital da Galiza, e coa que se reivindicaba “a defensa das nosas vidas” fronte un sistema, o capitalismo, que xa hai tempo que deixou de ser un simple sistema de produción no interior de factorías e centyros de traballo.

Manifesto

"A reivindicación da liberdade resulta unha urxencia, un imperativo ético, nunha etapa na que o Capitalismo recorta os nosos dereitos e as nosas vidas, a clase traballadora debe volver a asumir o papel que historicamente lle correspondeu: defender a democracia. Pero non esta democracia, a "súa" democracia, unha democracia ao servizo dos grandes negocios e dos seus axentes, falamos de defender nas rúas a democracia popular, que no noso País aínda está por inventar". Este é un extracto do manifesto da manife de Compostela. Tamén houbo mobilizacións en Ourense, Vigo e A Coruña.

Comentarios