Un operario faleceu e dous resultaron feridos con diversos traumatismos ao ser golpeados pola peza dunha máquina coa que estaban traballando na central térmica das Pontes, nun sinistro laboral que aconteceu sobre as tres da madrugada. Até o lugar dos feitos desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e unha medicalizada, así como un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) da zona.
Malia as manobras de renovación, M.A.M.O., de 55 anos, faleceu. Mentres, os dous traballadores feridos, J.L.M., de 58 anos, e J.M.P.A., de 42, foron trasladados en ambulancia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
No primeiro trimestre de 2015 en Galiza morreron 13 persoas en accidentes laborais e producíronse 83 accidentes de carácter grave.