![O electroshock volveu á opinión pública a raíz do caso dun mozo de Arzúa ingresado en Conxo. (Foto: Nós Diario)](/asset/thumbnail,998,552,center,center/media/nosdiario/images/2023/04/04/2023040421341516310.jpg)
Un xulgado de Santiago de Compostela vén de avalar que o persoal de psiquiatría que tratan un paciente ingresado no Hospital do Conxo por un cadro psicótico lle apliquen terapia electroconvulsiva (TEC), unha cuestión á que se opón a familia do novo, alegando que presenta un "risco elevadísimo" de suicidio, segundo os informes médicos e forenses realizados, e que todos os tratamentos previos fallaron. 'Nós Diario' conversa con diferentes especialistas cuxas opinións sobre a conveniencia das terapias electroconvulsivas difiren.
E vostede, que opina? Considera oportunas este tipo de terapias?