18-F

No centro, Daniel Formoso, presidente da Federación de Confrarías da Coruña, canda Alfonso Rueda e outros representantes do sector no mitin do PP deste sábado.
18-F

Representantes da pesca que criticaron por "politizada" a manifestación dos pellets arroupan Rueda no mitin do PP

"Segundo eles eu non era neutral, non opinaba polo meu amor ao mar e á pesca, non como os patróns maiores nin presidentes de Federacións de Confrarías, que a súa posición contra a manifestación en 'Defensa do noso Mar' e contra a miña persoa eran 'apolíticas', como ben se nota no mitin central do PP", ironiza o mariñeiro Rogelio Santos.
A deputada do PP Ana Vázquez visitando esta sexta feira unha veciña de Bande cun sobre de votación na man.
18-F

Ana de Bande, un sobre de votación e unha chaqueta co logo da Xunta que causan polémica

As redes sociais estalan contra unha publicación da deputada do PP Ana Vázquez visitando a veciñanza de Bande 'porta a porta' para pedir o voto acompañada da alcaldesa do municipio, que vestía unha chaqueta co logo do Goberno galego.
portada .
18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro de EM-Analytics (4 de febreiro): o PP, con 38 escanos, a un paso de perder a absoluta

A entrega deste domingo do barómetro elaborado por EM-Analytics para 'Nós Diario' deixa o Partido Popular a un paso de perder a maioría absoluta que ostenta no Parlamento galego desde 2009. A formación liderada por Alfonso Rueda obtería hoxe 38 escanos, un menos que na anterior entrega deste 'tracking' diario, mentres Sumar e Democracia Ourensá lograrían os dous primeiros representantes na Cámara. Até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.

Perdemos a insistencia?

O voto exterior e a igualdade de trato

EuropaPress_5736751_reunion_marea_atlantica
18-F

Marea Atlántica chama a votar o 18-F a "todas as forzas de esquerda transformadora"

Mostra "certa perplexidade" polo sucedido nestas eleccións galegas ao atoparse o espazo da esquerda "máis fragmentado que nunca".

Acto do PSdeG en Monforte. (Foto: Nós Diario)
18-F

Besteiro garante en Monforte o desbloqueo do Porto Seco e as infraestruturas para o seu despegue económico e creación de emprego

“Queremos unha Galiza viva, que medre ao mesmo ritmo que o resto de España, que cree emprego e permita á xente quedarse a vivir nos seus pobos e cidades se así o queren, pero para iso debemos tamén recuperar a calidade dos servizos públicos que nos foron recortados por estes 15 anos de ineptitude do PP”, salienta o candidato socialista.
Encontro da candidatura do BNG por Lugo con mozos e mozas da provincia. (Foto: Nós Diario)
18-F

Un plan para "rachar coa precariedade e a temporalidade" no emprego xuvenil, entre as promesas do BNG á mocidade

"Os 15 anos de goberno do PP na Xunta fixeron que as mozas e mozos de Galiza teñamos que escoller entre a precariedade e a emigración", censura o deputado Daniel Castro.
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feixoo, este sábado, na praza de Touros de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
18-F

Feixoo e Rueda piden un apoio "masivo" ao PP para que Galiza siga "cun modelo que funciona"

"Menos egoísmo e máis xenerosidade, menos frivolidade e posturitas e máis responsabilidade. Menos soberanismo e fractura, e máis autonomía!", proclamou o líder do PP estatal.
Vista dun edificio de vivendas en Ourense. (Foto: Agostime / Europa Press).
18-F | Vivenda

Alugueiros disparados, mozos que non poden emanciparse e falta de vivendas: as baldías promesas do PP

Os gobernos de Feixoo e Rueda construíron menos vivendas protexidas en 15 anos que o Goberno de PSdeG e BNG en catro.
Jorge Suárez, Yolanda Díaz, Marta Lois e Iñigo Errejón, este sábado, no acto de Sumar en Ferrol. (Foto: Raúl Lomba / Europa Press)
18-F

Díaz chama a votar a Sumar porque "non abonda con PSdeG e BNG" e Lois comprométese a "negociar unha coalición o primeiro día"

"Cando deixemos a Rueda fóra, porque se se vota a Sumar, Rueda cae, comprométome desde o primeiro día a negociar un goberno de coalición", afirma a candidata de Sumar á Presidencia da Xunta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha rolda de prensa após o Consello da Xunta. (Foto: Arxina)
18-F

Enésimo apercibimento da Xunta Electoral a Rueda, o Goberno galego e o PP por saltar a lei

"Recórdaselle ao denunciado a vixente prohibición de realizar calquera outra difusión de declaracións deste tipo, advertíndoo de que se realiza nunha conducta similar, procederase a incoar, se é o caso, o correspondente procedemento sancionador", salienta o organismo en dúas resolucións favorábeis (parcialmente) ao BNG.
Ana Ponton-MAIORES-3
18-F

Pontón aposta por un modelo público de coidados ás persoas maiores na casa

Avanza que un Goberno do BNG reforzará o servizo de axuda no fogar, aumentará as prazas de centros de día e reducirá as listas da dependencia.

Pedro Sánchez, hoxe, no acto do PSdeG para apoiar José Ramón Gómez Besteiro.
18-F

Sánchez enxalza Besteiro e avisa: "Papeletas para o cambio hai moitas, pero só o PSOE para gobernalo"

O mandatario español referiuse á ausencia de Rueda no primeiro debate da campaña e dixo que para ser presidente da Xunta "hai que dar a cara" e "explicar" o proxecto.
Encontro do deputado e candidato do BNG Luís Bará con colectivos memorialistas. (Foto: Nós Diario)
18-F

Unha Lei Galega de Memoria, políticas "transversais" e "recuperar" o significado de San Simón: as promesas memorialistas do BNG

Luís Bará reúnese con colectivos memorialistas en Moaña para anunciar a recuperación de San Simón como Illa da Memoria e un plan de usos que compatibilice actividades dende o respecto, ao tempo que avanza outras propostas do Bloque no caso de gobernar a Xunta após o 18-F.
Alfonso Rueda, Mariano Raxoi, Alberto Núñez Feixoo e Paula Prado, na praza de touros de Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
18-F

200 autobuses do PP e un DJ para 'conquistar' a cidade de Pontevedra

O Partido Popular quer lograr un “pleno histórico” da praza de touros da cidade para arroupar Alfonso Rueda, Núñez Feixoo e Mariano Raxoi.

Papeletas nun colexio electoral de Vigo. (Foto: M. X.)
star
Análise

O sistema de partidos galego está feito doutra pasta

Idoia Arreaza Aguilera é doutoranda en Ciencias Políticas pola Universitat de València.
Noelia Pérez López (PP), Daniel Castro García (BNG) e Carmen Rodríguez Dacosta (PSdeG).
18-F | Debate

Que propoñen PP, BNG e PSdeG para acabar coa precariedade laboral?

Contar cun emprego xa non é suficiente para chegar a fin de mes. As elevadas taxas de temporalidade e contratación parcial, máis acusadas entre a mocidade e as mulleres, que son quen asumen os postos máis precarizados, obrigan a revisar as políticas do mercado laboral ademais doutras medidas sociais complementarias que afasten as persoas traballadoras da pobreza e da exclusión social. As rendas do traballo baixan e o desemprego segue a ser un reto pendente. PP, BNG e PSdeG debaten sobre a fin da precariedade.
López Carballeira CRTVG-2
18-F

A oposición cuestiona a escolla de Alejandro López como moderador do debate electoral da CRTVG

O subdirector de Informativos da CRTVG está a ser investigado por presunto delito de acoso laboral.

Tracking portada.
star
18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics (3 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

A batalla polos últimos escanos non dá tregua. Mentres os socialistas pelexan contra os populares por lograr a última acta en xogo na circunscrición de Lugo, Democracia Ourensá recupera o seu deputado en Ourense a costa do BNG. Asemade, a pelexa estreitase na circunscrición da Coruña e Pontevedra, onde os populares se deixan nun só día catro décimas en cada unha delas, avanzando a tendencia á baixa manifestada nas anteriores entregas do barómetro. O debate da CRTVG de cinco de febreiro será a primeira grande proba de lume da campaña. Até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.