18-F

Javier Garrido Valenzuela, presidente de Aproin, e Alfonso Rueda Valenzuela, presidente da Xunta. (Foto: Aproin)
POLÍTICA

A Xunta contratou 5 millóns sen publicidade á construtora na que é directivo un curmán de Rueda

Entre os cargos da construtora Civis Global figura o curmán do presidente da Xunta da Galiza e tamén un ex deputado e ex alcalde da Guarda (Baixo Miño) co PP. As obras contratadas pola vía de emerxencia —o que permitiu saltarse o concurso público— van con atraso. A Xunta alega que é porque choveu moito.

Tanto ruído

Que tipo de raposo é Rueda?

Desasosego político

A conspiración de Moscova

Alfonso Rueda, esta sexta feira, nun acto en San Cibrao das Viñas. (Foto: Nós Diario)
18-F

Rueda solicita apoio en Ribadavia ao "traballo, esforzo e sentidiño" do PP

O popular recoñece os problemas de vivenda
Lores, Pontón, Bará e Gómez, esta sexta feira, en Pontevedra. (Foto: Nós Diario)
18-F

Pontón augura que o 18 de febreiro "comezará a primavera na Galiza"

A nacionalista visitou a súa casa familiar en Chorente
Besteiro, esta sexta feira, en Boiro (O Barbanza). (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Besteiro chama a encher as urnas de papeletas do PSdeG para mellorar a sanidade no Barbanza

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, chamou esta sexta feira en Boiro a “encher as urnas de votos socialistas” para deixar atrás os recortes en sanidade no Barbanza. Previamente, reuniuse cos reitores das universidades galegas na Coruña, nun acto no que se comprometeu a completar a educación gratuíta a todos os niveis, coa incorporación da primeira matrícula dos mestrados e das materias de grao.
Gráfica portada.
18-F | Barómetro para Nós Diario

Avance do barómetro de EM-Analytics (3 de febreiro): o PP cae catro décimas na Coruña e Pontevedra nun só día

Democracia Ourensá recuperaría unha acta pola circunscrición de Ourense, en constante pugna co BNG, e entraría no Parlamento galego. Esta nova entrega do barómetro elaborado por EM-Analytics en exclusiva para Nós Diario publicarase de forma íntegra, incluíndo a repartición de votos e escanos en todas as circunscricións e mais no conxunto da Galiza, no xornal deste sábado, 3 de febreiro. Aliás, até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.
Mónica García, Marta Lois e Ramón Sarmiento, esta sexta feira, en Vigo. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
18-F

Sumar apela ao "cambio de paradigma" e a recuperar o "orgullo" da sanidade pública

Marta Lois vaticina un "cambio histórico", no que Sumar terá "un rol decisivo" e reivindica políticas para "mellorar a vida da xente"

Isabel Faraldo, esta sexta feira, nas instalacións da Asociación Gatocan. (Foto: Nós Diario)
18-F

Isabel Faraldo propón “avanzar” na lei de benestar animal

“Témolo claro, non ás touradas e non á caza indiscriminada”, insistiu Faraldo.

Ana Pontón, cos seus pais, Aurita e Luis, na casa familiar en Chorente, Sarria.
18-F

Pontón pon en valor o "orgullo" das súas orixes para aspirar a ser a "primeira presidenta" da Galiza

Ana Pontón, a líder do BNG, abriu a campaña na súa vila natal, en Sarria, xunto á familia. Alí, na súa parroquia de Chorente é Belén, o seu segundo nome, e onde, recoñece, comezou a tomar conciencia sobre a Galiza.

O aspirante socialista a gobernar Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, esta sexta feira, cos reitores da UVigo, a USC e a UDC. (Foto: Europa Press)
18-F

Besteiro comprométese a ampliar a gratuidade das primeiras matrículas a másteres e materias de grao

O candidato do PSdeG asegura tamén que o seu goberno contará cunha consellaría integrada de Universidades, Ciencia e Innovación.

debate
18-F

Rueda esquiva o primeiro debate da campaña, ao que si asisten Pontón e Besteiro

No debate organizado pola 'Cadena SER' a representación do PP correu a cargo de Alberto Pazos Couñago, portavoz no Parlamento e número 6 na lista popular por Pontevedra.

Marta Lois (Sumar), Miguel Tellado (PP), José Miñóns (PSOE) e Néstor Rego (BNG), no debate organizado pola CRTVG de cara ás eleccións estatais de xullo de 2023.
18-F

A Xunta Electoral estima unha demanda do BNG e insta a CRTVG a aumentar o tempo dedicado á campaña

O organismo non considera "suficiente" a motivación da corporación pública para reducir os tempos de cobertura e dedicar nesta ocasión menos espazo á cobertura da campaña electoral que nos comicios de 2020.

Copiar

A cera que arde

Que nos espera?

O portavoz do grupo parlamentario do PP no Congreso español, Miguel Tellado, esta quinta feira na mesa de xuristas de Estado de dereito e amnistía. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
star
Análise

A amnistía non se come

Guillerme Vázquez foi portavoz nacional do BNG.
Evolución do 'tracking' diario de EM-Analytics en exclusiva para 'Nós Diario'.
star
18-F | Barómetro para Nós Diario

Barómetro completo de EM-Analytics (2 de febreiro): así se reparten os votos e escanos en cada circunscrición

O futuro Goberno galego está en mans do electorado indeciso. A cuarta entrega do barómetro para as eleccións galegas do Instituto Demoscópico EM-Analytics para 'Nós Diario' sinala que o 25% do electorado aínda non decidiu a que forza política votará nos comicios do 18 de febreiro. Os datos da sondaxe avanzan unha loita fechada entre as diversas formacións políticas para decantar cara ás súas posicións este importante segmento do corpo electoral. Arranca a campaña máis aberta desde os comicios do ano 2009. Até o día 12, cada día unha nova entrega do 'tracking' electoral de EM-Analytics.