CIG

Concentración de delegadas e delegados da CIG esta terza feira (Foto: CIG).
TRABALLO

A CIG reclama nas Inspeccións de Traballo "actuacións contundentes" para que se cumpra coa igualdade salarial

As mobilizacións realizáronse coincidindo coa presentación de máis de 90 denuncias referidas a outras tantas empresas e Administracións públicas que non entregaron o rexistro salarial, "evidenciando a súa falta de compromiso coa igualade retributiva entre mulleres e homes".
Protesta de persoal de Comfica o pasado mes de maio en Compostela (Foto: CIG).
TRABALLO

Persoal de Comfica, subcontrata de Movistar en Compostela, convoca dúas xornadas de folga

Segundo explica o secretario comarcal da federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG-Industria) de Compostela, Benedicto Blanco, o que pretende facer Comfica, que é a contrata de Movistar na zona de Compostela, é quedar con cada vez menos persoal propio e substituílo por outro subcontratado.
O comisario europeo de Emprego e Dereitos Sociais, Nicolas Schmit, e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, onte en Compostela (Foto: Arxina).
star
ECONOMÍA

O Ministerio de Traballo relega o sindicalismo galego da cimeira da UE en Compostela

A CIG, o principal sindicato da Galiza, foi excluída por parte do Ministerio español de Traballo da reunión de alto nivel da Unión Europea que tivo lugar esta quinta feira en Compostela, despois das presións da Confederación Europea de Sindicatos e de ser previamente convidada.
Mobilización de persoal da sanidade privada na Coruña (Foto: CIG)
TRABALLO

O persoal da sanidade privada da Coruña inicia no Hospital Quirón as mobilizacións por un convenio digno

A protesta realizouse no Hospital Quirón da Coruña e na mesma participou un numeroso grupo de traballadoras e traballadores "evidenciando así a disposición do persoal a loitar por unhas condicións laborais e salariais dignas".
Bandeiras da CIG e da patria galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Confírmase o veto á CIG no evento ministerial de Compostela

Paulo Carril, secretario xeral da CIG considera este feito "gravísimo porque sexa a CES, que á fin, é unha rexional dunha internacional, quen vete a presenza doutro sindicato".
Concentración da CIG esta quinta feira en Compostela (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

A CIG toma a Praza do Obradoiro nunha concentración con motivo do evento sobre o futuro do traballo

Nun contexto de crise como o actual, apunta a CIG que instancias comunitarias xa avanzan novas medidas "de austeridade" que segundo avisa "empeorarán as condicións laborais, sociais e de vida da clase traballadora".
Centos de persoas enchen as rúas de Vigo en protesta polo operario morto no estaleiro (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
TRABALLO

Operarios do naval enchen as rúas de Vigo após a morte dun traballador de Armón

"As administracións e a clase empresarial deste país teñen que pór fin a esta lacra, achegando medios e recursos para que os traballadores desenvolvan a súa actividade en contornas seguras", lamentaron CIG, CC.OO. e UXT referíndose á situación dos estaleiros.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril (no centro), nunha mobilización na Coruña (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

A CIG convoca unha concentración en Compostela "por unha Europa dos Pobos e con xustiza social" o 21 de setembro

O sindicato nacionalista exixirá, ademais, a derrogación das reformas laborais e unha nova lexislación que restitúa os dereitos arrebatados á clase traballadora por mor das políticas ditadas da UE, que disciplinadamente asumen e aplican os Estados, nomeadamente o español.
eevntos eenarios
TRABALLO

Desconvocada a convocatoria de folga ao se chegar a un acordo no sector de Eventos

O principal avance acadado no acordo é a nivel salarial, xa que se contempla un incremento salarial de 5,7% para 2023, e o IPC, cun mínimo de3%, para os anos 2024 e 2025.
Delegadas da CIG manifestándose o 25-N de 2022 na Coruña perto da Confederación de Empresarias e Empresarios (Foto: Nós Diario).
star
TRABALLO

8% dos casos de acoso sexual no traballo rexistrados no Estado déronse na Galiza

O último informe realizado polo Ministerio de Traballo e Seguridade Social afirma que en 2021 houbo 642 intervencións en empresas por denuncias de acoso sexual. Delas, 50 tiveron lugar na Galiza.
A sala de reunións do Centro Económico e Social da Galiza  acolleu a xornada sobre 'O sector enerxético na Galiza' (Foto: Nós Diario).
star
ECONOMÍA

O CES demanda á Xunta da Galiza unha proposta "lóxica" sobre enerxía renovábel

O Consello Económico e Social da Galiza (CES) reuniu onte na capital galega algunhas voces significativas sobre o futuro enerxético galego desde unha perspectiva social e sindical. De fondo, un estudo realizado conxuntamente coa Universidade da Coruña.
Representantes de sindicatos da construción de todo o mundo danse cita esta fin de semana en Compostela. (Foto: Nós Diario)
TRABALLO

Sindicatos da construción de todo o mundo analizan en Compostela os retos do sector

A desregulación do mercado laboral e as súas consecuencias para a clase traballadora, no foco do debate

Cartaz pendurado na entrada do centro de saúde de Cangas.
Sanidade pública

O centro de saúde de Cangas, "sen persoal facultativo": "É un auténtico recorte sanitario"

"Estase a sobrecargar perigosamente o traballo do persoal, o que supón un castigo en toda regra por facer pública a grave situación existente fronte ás mentiras do Sergas, e tamén se está a pór en perigo aos pacientes por retrasos inevitábeis na asistencia", censura a CIG.
Persoal de incendios após presentar as sinaturas (Foto: CIG).
TRABALLO

A CIG presenta perto de 700 sinaturas de persoal de incendios para reclamar un acordo de condicións de traballo

Segundo a CIG "xa hai problemas de horarios diferentes entre bases e distritos, producindo diferenzas nas condicións laborais ddo persoal que cobran igual, e dándose episodios de abuso laboral por parte da Consellaría".
Ambulancia do 061 (Foto: Xoán Roberes).
SOCIAL

A "falta de ambulancias" obriga persoal sanitario a desprazarse en taxi até as emerxencias

A CIG denuncia que a falta de recursos de urxencia obrigou o persoal sanitario de Cangas a acudir pola súa conta para auxiliar as vítimas dun accidente ocorrido durante as Festas do Cristo.
Sede da Consellaría de Sanidade. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

CIG e Defensa da Sanidade Pública cargan contra a decisión da Xunta de "privatizar" as interrupcións de embarazos

Consideran que se vulnera un “dereito fundamental” das mulleres

Cidade da Xustiza de Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)
TRABALLO

A CIG pide corrixir "deficiencias" no concurso para a cobertura da seguridade de edificios xudiciais

A central sindical denuncia que a dotación económica é “insuficiente” para cubrir os gastos e non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez. (Foto: Europa Press)
Ensino

A CIG-Ensino denuncia que Educación suprimiu 89 prazas e 60 unidades de infantil e primaria

Desde o sindicato nacionalista argumentan que “un ano máis a Consellaría perde unha grande oportunidade para comezar cunha baixada das ratios que permitiría ao profesorado aumentar a calidade do ensino".
O falso teito derrubado (Foito: CIG).
SOCIAL

Derrúbase o teito dun cuarto do hospital médico-cirúrxico de Conxo

Aconteceu cando estaban a colocar plafóns luminosos nos teitos dos cuartos. "Un hospital que carece de ar acondicionado ou climatización, condicións importantes para o confort e benestar das e dos doentes", apuntan desde a CIG.
O teletraballo desde a propia vivenda aumentou como consecuencia da pandemia da Covid-19. (Foto: Eduardo Parra/ Europa Press)
TRABALLO

A CIG critica que o novo acordo europeo de teletraballo "non garante as condicións máis beneficiosas" para as persoas traballadoras

A central sindical alerta de que  pode "facilitar a deslocalización da actividade"