CRTVG

Marta Lois (Sumar), Miguel Tellado (PP), José Miñóns (PSOE) e Néstor Rego (BNG), no debate organizado pola CRTVG de cara ás eleccións estatais de xullo de 2023.
SOCIAL

A CRTVG é a única canle que emitiu o debate electoral en horario de mínima audiencia

O debate da corporación de televisión e radio públicas da Galiza decorreu ás 10 da mañá da pasada sexta feira, 14 de xullo

Marta Lois (Sumar), Miguel Tellado (PP), José Miñóns (PSOE) e Néstor Rego (BNG), no debate organizado pola CRTVG de cara ás eleccións estatais de xullo de 2023.
23-X

Así foi o debate da CRTVG de cara ao 23-X

A Compañía de Radio Televisión da Galiza (CRTVG) programou para esta sexta feira ás 10 horas un debate electoral central no cal participaron os candidatos ao Congreso pola circunscrición da Coruña das catro formacións que actualmente teñen representación: Miguel Tellado (PP), Néstor Rego (BNG), José Miñóns (PSOE) e Marta Lois (Sumar).
A CRTVG colocou o debate ed cara ao 23 de xullo ás 10 horas da mañá (Foto: CRTVG).
POLÍTICA

O debate da CRTVG entre Tellado, Rego, Miñóns e Lois será esta sexta feira ás 10 da mañá

Moderado polo xornalista Luís Ojea, será retransmitido en directo e durará unha hora -de 10 a 11 horas-. Poderá seguirse en todos os medios da CRTVG: Televisión da Galiza, Radio Galega e canle dixital g24.gal.
Sede central da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela) #tv #televisión #radio #crtvg #tvg #radiogalega #xornalismo (Foto: Nós Diario)
23-X

O BNG recorre o plan de cobertura da CRTVG para o 23-X : “Non garante o pluralismo político”

Denuncia que só prevé un único debate e entrevista nas eleccións estatais nun horario que  “non ve nin Deus”

O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, esta quinta feira no Parlamento galego. (Foto: Xunta da Galiza)
POLÍTICA

A CRTVG destinou 500.000 euros a pagar multas por condenas laborais

BNG e PSdeG criticaron a externalización de servizos informativos en directo e as “nulas” actuacións en I+D+i.

Olalla Rodil (BNG) acusou a Paula Prado (PP) de "pirómana e incendiaria" (Foto: Nós Diario).
POLÍTICA

A CRTVG acumula 18 condenas nun ano por vulneracións de dereitos

Olalla Rodil pide explicacións pola imputación de oito directivos da cadea.
Mónica Rosas, Alberto Ordóñez e Mayte Cabezas, onte, diante dos xulgados (Foto: Arxina).
Xustiza

Comezan os xuízos contra a CRTVG polas represalias contra xornalistas

Tres demandas acusan á CRTVG de vulnerar os dereitos fundamentais de xornalistas do ente público. As vistas continuarán en xullo polo número de testemuñas.
Pedro Insua, nun relatorio. (Foto: Fundación G. Bueno)
LINGUA

"El catalán, el gallego y el euskera no debieran de ser oficiales": Pedro Insua, a polémica 'fichaxe' da Radio Galega

O programa 'A Tarde' contará todas as segundas feiras, segundo el mesmo confirmou, co autor de obras revisionistas como '1492: España contra sus fantasmas' e que ten cuestionado en numerosas ocasións o uso da lingua galega por parte das administracións públicas.
CIG consello contaas crtvg
SOCIAL

CIG da CRTVG solicita do Consello de Contas ampliar a fiscalización por posíbel infracción da Lei de Contratos do Sector Público

Presentou unha alegación ao acordo adoptado polo organismo respecto do ente público.

Tiago Alvite, presidente do Comité Intercentros da CRTVG. (Imaxe: Nós Diario)
Presidente do Comité Intercentros

Tiago Alvite: "Tras a imputación, o Goberno galego ten que cesar urxentemente a cúpula directiva da CRTVG"

Preocupación e alarma entre o cadro de persoal da CRTVG é o que, segundo o presidente do Comité Intercentros, Tiago Alvite, causou a noticia da 'imputación' da Dirección do ente público, á que acusa de provocar un "deterioro" das relacións laborais "sen precedentes", con "abusos" e "manipulación". Entrevistámolo con motivo da investigación de parte da cúpula directiva da CRTVG, entre os que destaca o director, Alfonso Sánchez Izquierdo.
O director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, no Parlamento da Galiza o pasado maio. (Foto: Arxina)
SOCIAL

Exixen cesamentos na CRTVG ante a investigación da súa Dirección por acoso laboral

A compañía de radiotelevisión pública da Galiza vincula a querela cun caso "xa xulgado" ao seu favor.

Fragmento do documento de apertura de dilixencias emitido polo Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela. (Foto Nós Diario)
Sánchez Izquierdo, director xeral do ente, investigado

'Imputan' a Dirección da CRTVG por acoso laboral a unha traballadora

Entre os investigados atópase o director xeral, Sánchez Izquierdo. 
Redacción da CRTVG nos estudos de San Marcos, en Compostela. (Foto: CRTVG)
TRABALLO

A xustiza dá a razón a unha traballadora da CRTVG á que se lle denegou o teletraballo para conciliar

A empresa, segundo asegura o sindicato nacionalista, denegou á traballadora a solicitude do teletraballo alegando a inexistencia desta modalidade de prestación do servizo na CRTVG.
A denuncia da "censura" e "manipulación" vai da man da crítica á "represión laboral". (Foto: Defende a Galega)
star
Xornalismo

'Defende A Galega', cinco anos de mobilización contra a censura e a manipulación

Os 'Venres Negros' fan un lustro. Hoxe é o número 264, coas mesmas reivindicacións que no primeiro mais nun contexto de "máis represión".
Papeletas de voto (Foto: Nós Diario).
28-M

O BNG obtería a alcaldía de Santiago, segundo a sondaxe de GAD3 para a CRTVG

A sondaxe realizada pola Forta que deu a coñecer a CRTVG confirma as tendencias apuntadas por Nós Diario nos últimos días. Os maiores cambios daríanse en Compostela, onde gobernaría o BNG, e en Ferrol, con maioría absoluta do PP. Queda por coñecer o desenlace de Lugo.

Concentración de persoal da CRTVG esta terza feira ante o Parlamento galego (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Persoal da CRTVG desconvoca a folga do 28-M por causa dos "servizos mínimos abusivos"

O pasado día 11 de maio tiña lugar a quinta xornada de folga do persoal do ente público que afectou de forma notábel a programación da TVG, concretamente a programas como 'A Revista', 'Atmosféricos', os Deportes ou o 'Diario Cultural', entre outros.
Axentes da Policía separan o persoal da CRTVG do coche no cal se encontraba Sánchez Izquierdo (Foto: Nós Diario).
VÍDEO NO INTERIOR

Persoal da CRTVG recibe Sánchez Izquierdo ao berro de "dimisión" á súa chegada ao Parlamento

Sánchez Izquierdo enfróntase esta cuarta feira a unha comisión parlamentaria para tratar as represalias contra o persoal da corporación que decidiu acudir á folga convocada polo Comité Intercentros.
María Rozas, Borja Verea, Xosé Bugallo e Goretti Sanmartín, no debate da Ser (Imaxe: Cadena Ser)
28-M

A CRTVG cancela o debate electoral de Compostela

Na mañá da segunda feira, a CRTVG anunciaba publicamente que non tería lugar o debate electoral do Concello de Santiago porque só confirmara a súa asistencia un dos candidatos, Borja Verea (PP). Un extremo que desbotan o resto de formacións políticas, que acusan o PP e o ente público de manipular e mentir.

O debate da CRTVG desta sexta feira tivo como protagonista a cidade de Lugo. (Foto: TVG)
28-M

Referendado o Plan de cobertura electoral da CRTVG, que dá máis espazo informativo a Vox que a 'mareas' e Podemos

A Xunta electoral rexeita os recursos presentados por BNG e Vox, por distintos motivos, contra a proposta do ente público, polo que a ultradereita, se ben seguirá sen participar dos debates cos candidatos das cidades, terá nos bloques informativos da TVG e a Radio Galego máis tempo dedicado que as 'mareas', Unidas Podemos ou Ciudadanos, malia teren, a diferenza do partido de Santiago Abascal, representación en distintos concellos.
Un instante do programa 'Galicia por Diante' da Radio Galega (Foto: CRTVG).
LINGUA

'Galegofobia' na CRTVG: os comentarios contra o galego de dous tertulianos da Radio Galega

Non todo foi celebración e reivindicación este Día das Letras Galegas. No faladoiro da mañá da Radio Galega, no programa 'Galicia por Diante', dous dos participantes cuestionaron a "utilidade" da lingua galega e criticaron a súa "imposición".