Catalunya

Països Catalans

Durán vota polo confederalismo e lembra que "non é independentista"

O líder da dereita catalanista e portavoz de CiU en Madrid acudiu a un colexio electoral onde suxeriu de novo un pacto entre as elites que resolva o multitudinario desexo soberanista. 

Països Catalans

Junqueras pide eleccións e Guardiola vota “como primeiro paso para expresarse”

O líder de ERC solicita uns comicios que “permitan construír unha maioría independentista” e o ex-adestrador do Barça lanza o desexo de que “cheguen días mellores”.

mas-crop
Països Catalans

Artur Mas vota pola independencia e pide “un referendo definitivo”

O líder de CiU e titular do Goberno catalá cre que este 9-N significa a conquista definitiva dun dereito e rexeita que unha democracia poida permitirse “intimidacións” como as de Madrid.

Artur Mas
Països Catalans

Desvelan negociacións secretas en Catalunya entre CiU, PP e PSOE

Os tres partidos mantiveron xuntanzas para “evitar o choque institucional” e levar a un rego controlábel o proceso soberanista, que este 9-N vive unha xornada decisiva.

-
Galiza

Presenza de forzas políticas galegas no 9N en Catalunya

BNG, Anova, Nós-UP e Compromiso por Galiza manifestaron o seu apoio ao proceso soberanista e acompañarán moi de perto o desenvolvimento do 9-N. Varias delegacións viaxarán a Cataluña para mostrar o seu apoio á consulta. 

Si, si, Catalunya: unha carta aos meus amigos cataláns

Xa sabedes que non vou votar o 9 de novembro, xa que non son catalán e teño a sorte de vivir no meu país. Tamén teño a sorte de ter amizades coma vós en Cataluña, e por iso coñezo o voso idioma. 

Països Catalans

CiU afirma que o 9N haberá urnas “e poñeraas o goberno”

A federación asegura que a Generalitat “asumirá todas as súas responsabilidades”. O ‘Pacte Nacional pel Dret de Decidir’ reúnese esta sexta para avaliar a fase final do proceso.

Non entender Catalunya

Hai case unha década que son cidadán de Catalunya coma ao redor de 100.000 galegas e galegos. Decote é moi común atopar xente nova acabada de chegar a este país porque se lle esgotaron as derradeiras esperanzas  de poder tirar adiante no seu país.

Tribunal Supremo
Països Catalans

O Supremo avala a suspensión do 9N

A sala terceira do TS desestima o recurso da Generalitat que pedía suspender cautelarmente o acordo do Consello de Ministros impugnando o proceso catalán.

A dignidade de Catalunya

España equivócase con Catalunya no século XXI como se equivocou con Cuba no século XIX.

Països Catalans

Joan Herrera (ICV) revela que votará finalmente Si-Non

O líder da formación aliada de Izquierda Unida defende unha opción federalista no 9-N pero recoñece que haberá no seu partido quen vote doutro xeito ao seu 'Si-Non'.

Països Catalans

Comeza a semana do 9N

Continúa o proceso para facer posíbel a consulta do domingo, se ben coa mirada de esguello na decisión do TC.

Països Catalans

Dous Premios Nobel asinan un manifesto a prol da autodeterminación de Catalunya

Desmond Tutu e Pérez Esquivel defenden a celebración da consulta sobre a independencia nun texto que tamén apoian o cineasta Ken Loach ou o escritor Harold Bloom.  

9nvotar
Països Catalans

O PP, sétima forza política en Catalunya segundo un estudo da Generalitat

O inquérito foi elaborado entre o 29 de setembro e o 20 de outubro entre unha mostra de 2 mil persoas.

Països Catalans

O goberno español impugna o 9N

Soraya Sáenz de Santamaría di que o Estado dá este paso porque “queremos preservar os dereitos dos cataláns”.

Unió UDC catalunya
Països Catalans

A maioría d@s deputad@s de Unió votará Si-Si o 9 de novembro

Nove d@s 14 parlamentares da formación demo-cristiana apoiarán a independencia na consulta alternativa. Unha enquisa do CEO di que o Si-Si obtería o 49,5% dos votos. E que nunhas eleccións parlamentares ERC sería a máis votada.

Eduard
EDUARD LóPEZ (ERC)

“Pase o que pasar o 9N, o discurso de PP e PSOE está derrotado en Catalunya"

O vice-secretario xeral de Coordinación interna de ERC participa esta quinta feira en Compostela no coloquio organizado por Galiza Sempre sobre o proceso soberanista de Catalunya.

Jordi Savall
CULTURA

O catalán Jordi Savall renuncia ao Premio Nacional de Música español

Nunha carta aos responsábeis do ministerio de Cultura, o músico catalán Jordi Savall renuncia ao Premio Nacional da Música por desacordo coa política cultural do goberno español. 

Països Catalans

Despedida por independentista

Foi recoller o uniforme de traballo cunha camisola pro-consulta catalá. “Nun ton chulesco dixéronme que non volvese”, afirma A.G.

9-N
Països Catalans

O 9-N haberá urnas en 938 dos 947 concellos de Catalunya

Mentres os partidos soberanistas continúan negociando para apareceren como un bloco politicamente unido, a administración catalá ultima os detalles para a consulta do 9-N.