Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz de En Marea no Congreso
X.M.
06/maio/18 11:52
Cando falas con el nunca esqueces que fundamentalmente é un home da cultura. El tampouco o esquece. En realidade, é un escritor na política ("o que vexo inspírame máis a escribir teatro que poesía", confesa). Procura sempre a palabra exacta e, aínda que ás veces suspende o fío da conversa para dar co vocábulo preciso, non por iso o seu discurso deixa de ser fluído. Nesta conversa falamos de orzamentos, da hipotética aterraxe de Feixóo en Madrid ("talvez haxa máis fotos con Marcial Dorado, talvez en mans de quen filtrou o vídeo de Cifuentes"), da situación interna de En Marea, de Paula Quinteiro, do relacionamento da confluencia co BNG...