O Congreso aproba recuperar a sanidade universal

O PP votou en contra e Ciudadanos abstívose.

Congreso deputados
photo_camera Congreso deputados

O Congreso aprobou a recuperación da sanidade universal. Tan só votou en contra o PP e Ciudadanos abstívose, o resto dos grupos deron o seu apoio a esta medida. Ponse fin así á medida adoptada polo goberno de Raxoi en 2020 e que deixaba fóra 800.000 persoas ao excluír as persoas migrantes.

Así pois, o pleno do Congreso deu luz verde ao decretode universalización da sanidade, que devolve a asistencia sanitaria aos inmigrantes irregulares nas mesmas condicións que as persoas que teñen cidadanía española, sen necesidade de xustificar a residencia.

Comentarios