A carreira do coronavirus por seguir contaxiando o maior número de persoas vai da man da comunidade científica que trata de actualizar as vacinas fronte á Covid para frear o ascenso dos contaxios e das súas complicacións. No outono poderían estar listas, mais até entón, que beneficio supoñen os reforzos coa fórmula orixinal?
A Axencia Mundial do Medicamento desbotou, cando menos até que non existan "probas epidemiolóxicas claras", a administración da cuarta dose da vacina na poboación menor de sesenta anos que non estea en risco de vulnerabilidade médica.
O conselleiro advirte da detección de 2.400 positivos diarios, "entendendo que hai número importante de positivos que non declaran". Esta cuarta feira as hospitalizacións xa superan as 850, perto de 200 máis que unha semana atrás.
Desde primeiros de xuño persoal médico advirte un incremento da Covid silente e xeneralizado. A suba é global, afecta países de todo o mundo e persoas de todas as idades, aínda que só as maiores de 60 saen nas estatísticas. A proliferación das novas liñaxes de Ómicron explican este aumento.
"Os datos nunca deixaron de ser preocupantes", alerta o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, que apela ao "sentido común" para evitar a propagación do coronavirus.
O conselleiro de Sanidade fixo referencia ás declaracións da ministra de Sanidade, Carolina Darias, en La Sexta, nas que afirmou que habería "cuarta dose para toda a poboación".
O medicamento, un dos poucos destas características que se están a producir no mundo, xa superou a primeira fase e demostrou a súa seguridade en persoas humanas.
Os viaxeiros que entren no Estado polas fronteiras aéreas ou marítimas, sexa cal for o seu lugar de orixe, terán que presentar algún certificado ou unha proba PCR ou antíxenos negativa.