Covid-19

Veciñanza de Cerdedo-Cotobade mobilizouse o pasado mes de febreiro en defensa da atención presencial. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Os recortes na atención presencial baten na sanidade: malestar entre as usuarias

As queixas polas restricións á atención presencial nos centros de saúde de Atención Primaria repítense en todo o país. As mobilizacións desenvolvidas en diversas localidades, así como as protestas previstas nas próximas semanas, son a expresión do malestar social existente. Usuarias, colectivos sociais e entidades en defensa da sanidade pública amósanse convencidas de que a Xunta da Galiza aproveita a pandemia para desmantelar a Atención Primaria. O conselleiro de Sanidade, nunha entrevista concedida a Nós Diario, defende este modelo.
Unha farmacéutica toma unha mostra de sangue para realizar un test de cribado en Barbadás (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Continúa o descenso en contaxios, casos activos e hospitalizacións

Os contaxios diarios descenden a 158 e a taxa de positividade mantense por baixo do 2%

Dieta británica global

A ministra de Sanidade, Carolina Darias. (Foto: R. Rubio / Pool / Europa Press)
SOCIAL

O Consello de Saúde pacta os fechamentos perimetrais para Semana Santa coa oposición de Madrid

O toque de recoller obrigado será de 23:00 horas a 6:00 horas, se ben, a Xunta xa anunciou que na Galiza seguirá comezando ás 22 horas. As medidas acordadas, que tamén afectarán aos días entre o 17 e o 21 de marzo, serán publicadas nunha orde no Boletín Oficial do Estado.

control policia confinamento compostela foto escuredo
SOCIAL

Sanidade ábrese a ampliar horarios de hostalaría a vindeira semana

"Se non houbese Semana Santa, seguiriamos pechados", dixo o conselleiro.
control policia confinamento compostela foto escuredo
SOCIAL

Galiza mantén o fechamento perimetral mais ábrese a ampliar horarios de hostalaría a vindeira semana

"Se non houbese Semana Santa, seguiriamos pechados", dixo o conselleiro.
Sen titulo
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 10 de marzo no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Infantas, vacinas e xeopolítica

Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, no seu despacho. (Foto: Deputación de Pontevedra)
star
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra

Carmela Silva: "Temos unha Xunta escapista que deriva competencias aos concellos"

Conversamos con Carmela Silva (Vigo, 1960) sobre o papel da Deputación de Pontevedra na crise da Covid-19 e sobre os retos do futuro. Insiste en que a súa traxectoria política está cuberta e aposta en rematala creando un modelo diferente no ente provincial. A este respecto, confesa que lle queda moito por facer "despois da política". Non dubida: aprender a tocar a guitarra é prioridade dentro desa longa listaxe de tarefas. 
O municipio de Sanxenxo nunha imaxe de arquivo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)
SOCIAL

A Xunta impón as restricións máximas pola Covid-19 en seis concellos

As restricións de mobilidade, entre outras, serán as máis elevadas en Pontecesures, Vilardevós, Paradela, Boborás, A Mezquita e A Pobra do Brollón. Esta cuarta feira Galiza e o resto de territorios negociarán co Ministerio de Sanidade as limitacións para a Semana Santa.
EuropaPress_3424147_enfermera_observa_ordenador_uci_clinica_universidad_navarra_pamplona (1)
SOCIAL

Galiza, segundo territorio con máis ingresos en UCI nos últimos días

O número de hospitalizados en coidados intensivos é 77, cando o 1 de marzo eran 105. Hospitalñizadas en planta hai 292 persoas, o que supón 140 menos que hai unha semana.
MAPA BO
SOCIAL

Así é a evolución do coronavirus no teu concello: podes ver aquí a situación a día de hoxe

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 9 de marzo no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Mariscadoras de Vilanova traballando este Nadal, que lles permitiu remontar as vendas (Foto: Cedida).
TRABALLO

A loita contra vento e marea das mariscadoras a pé

O marisqueo a pé, oficio ancestral na Galiza, ficou relegado ao "último eslabón" do sector do mar coa crise da Covid. As mariscadoras sentíronse este último ano excluídas pola Administración cando máis axuda precisaban para afrontar as cuantiosas perdas. As e os profesionais deste sector vense obrigados cada día a loitar contra todo tipo de adversidades para manter o seu sustento económico.
 
MAPA
SOCIAL

Consulta aquí as novidades de hoxe na evolución da Covid no teu concello

Consulta aquí o número de novos casos diagnosticados a 8 de marzo no teu concello así como o nivel de incidencia

Son casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días. PDIA comprende as PCR e as probas de antíxenos.

Traballador da hostalaría preparando unha das mesas nunha terraza en Compostela (Foto: Riobó Prada)
ECONOMÍA

García Comesaña descarta flexibilizar os horarios da hostalaría

O conselleiro de Sanidade sinala que a cifra de persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos (UCI) “segue a ser alta” polo que as restricións para o sector continuarán.


 

Unha muller participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar casos positivos de coronavirus (Rosa Veiga - Europa Press).
SOCIAL

Segue o descenso de casos activos de Covid-19, agora por baixo dos 3.700

Os casos activos de COVID-19 en Galicia manteñen a tendencia descendente e experimentaron unha nova baixada até caer por baixo dos 3.700, mentres os hospitalizados reducíronse até os 382. Pola contra continúan as mortes con catro máis esta fin de semana.

Concentración diante da Residencia Volta do Castro de Compostela o pasado 1 de setembro (Nós Diario)
SOCIAL

Sanidade deixou sen vacinar 40 traballadoras dunha residencia pública de Compostela

A CIG envía un escrito urxente á Consellaría de Sanidade para que proceda a protexer o persoal da Residencia de Maiores de Volta do Castro, dependente da Consellería de Política Social da Xunta da Galiza, que non estaba no momento de pasar pola instalación cando se realizou a vacinación.

O Colexio La Salle de Compostela (Foto: Lmbuga)
SOCIAL

Redúcense os contaxios nas residencias e soben as aulas fechadas

Continúa a tendencia descendente no número de casos positivos nas residencias galegas no que o surto máis importante está en Xinzo de Limia. No ensino tamén diminúe a presenza da Covid-19 malia o aumento en dúas o número de aulas fechadas como consecuencia das medidas sanitaria.  

Sala habilitada para os cribados da Covid-19 entre a veciñanza de Culleredo. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Os casos activos por Covid-19 na Galiza baixan de 4.000 por primeira vez desde setembro

Segundo os datos facilitados polo Sergas, Galiza reduce os ingresados con Covid-19 a 392 e os contaxios detectados rompen a suba dos últimos días ao descender até 184, mentres a positividade repunta lixeiramente até 2,4%.

Os Diaños Verdes debutarán na fase de ascenso en Balaídos.(Foto: Rácing de Ferrol).
DEPORTES

O coronavirus rexorde con forza no fútbol galego

A situación sanitaria na Galiza en relación á pandemia da Covid-19 semella mellorar día a día, situación diametralmente oposta á que acontece no fútbol, onde logo de varias semanas sen ningún caso detectado apareceu un positivo no Lugo e un gromo en Ferrol que obrigou a adiar o partido Coruxo-Rácing.