pandemia

Unha nena prepárase para ser vacinada contra a Covid (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
SOCIAL

Picadas personalizadas e vacinas de nova xeración fronte a reforzos indiscriminados

A explosión de contaxios provocada por Ómicron mudou o panorama epidemiolóxico e ampliou o debate sobre o futuro da pandemia. Tanto a OMS como a EMA defenden que é cedo para comezar a tratar a Covid como doenza endémica e piden revisar a estratexia de vacinación. 
 
Fileira para facer unha proba PCR en Vigo o pasado 23 de decembro. (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press)
SOCIAL

Ómicron vs Alfa: isto é o que diferencia cada mutación do coronavirus

Unha investigación publicada na revista 'Science' explica como actúa cada variante e ofrece unha visión do que serán as mutacións do futuro do SARS-CoV-2.
Picada da vacina a un mozo no Estado. (Foto: Jorge Gil / Europa Press)
INTERNACIONAL

A OMS cre que se precisarán novas vacinas que mingüen a transmisión e rexeita pór unha terceira dose da actual

Aliás, a OMS avalía o uso dos fármacos baricitinib e sotrovimab para tratar ás e os pacientes coa Covid-19.
Un home pasea pola Coruña en bicicleta (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Coronavirus Galiza: 8.427 novos contaxios, mais cae a presión nas UCI

A taxa de positividade aumenta a 26%. Nos hospitais galegos hai 541 persoas ingresadas, das cales 53 están nas unidades de críticos.
A psicóloga clínica do Sergas e portavoz do Movemento Galego da Saúde Mental, Rosa Cerqueiro (Nós Diario).
Voceira do Movemento Galego da Saúde Mental

Rosa Cerqueiro: "A saúde mental é a irmá pobre da sanidade pública"

A problemática da saúde mental sempre estivo presente na sociedade. Agora, coa pandemia, aumentaron os casos coincidindo coa crise. O Movemento Galego da Saúde Mental cre que a Xunta incumpre o seu propio plan. Nós Diario conversa desta situación coa súa voceira, a psicóloga clínica Rosa Cerqueiro.
Imaxe de arquivo dun cribado entre a mocidade de Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press) #ourense #cribado #pcr #mocidade #coronavirus #covid19 #contaxios #pandemia #saúde #sanidade
SOCIAL

Coronavirus Galiza: o novo protocolo fai caer os casos activos en 16.000 malia rexistrar case 8.000 novos contaxios

Na Galiza hai 57 persoas ingresadas na UCI e 457 noutras unidades de hospitalización.
Unha muller con máscara pasea polas rúas de París (Foto: Europa Press).
INTERNACIONAL

Francia imporá o certificado de vacinación cando se superen as 10.000 hospitalizacións

O Parlamento galo aproba o artigo principal do proxecto de lei que transforma o pasaporte Covid nun pasaporte de vacinación, que se exixirá cando a incidencia da Covid sexa moi elevada para acceder á hostalaría e as actividades de lecer.
As instalacións de Vigosónico están baleiras (Nós Diario).
CULTURA

Grupos musicais de Vigo crean unha plataforma para exixir salas de ensaio

O colectivo Grupos de Vigo en Loita denuncia que a última instalación, Vigosónico, fechou ao inicio da pandemia. 
Colas PCR en el CHUS
SOCIAL

Dúas semanas máis por diante de aumento da Covid na Galiza

Haberá que agardar dúas semanas máis até que a actual vaga do coronavirus, a sexta, acade o seu pico na Galiza e principie a súa desescalada. Así o consideran expertos consultados por Nós Diario, que apuntan a que se ben a presión hospitalaria é menor que noutras ondas, 500 persoas ingresadas é unha cifra "a ter en conta".
Unha muller e un home camiñan portando máscara polas rúas da cidade de Lugo (Foto: Carlos Castro/Europa Press).
INTERNACIONAL

A metade da poboación europea contaxiarase de Ómicron nos dous próximos meses

A OMS advirte da alta transmisibilidade da variante Ómicron da Covid-19, que contrae cada semana "1% da poboación de Europa".
SOCIAL

Cres que a Covid-19 debería tratarse como a gripe?

Os casos activos da Covid-19 superaron esta terza feira a barreira dos 70.000 por mor da explosión de contaxios derivada da variante Ómicron. Porén, dadas as características desta mutación do coronavirus e da alta inmunización da poboación, cada vez son máis as voces que se pronuncian a prol de abordar esta doenza como outra calquera e suprimir todas as restricións, como a obrigatoriedade da máscara en espazos interiores ou as limitacións de capacidade.
Unha enfermeira inxecta a vacina da gripe a un paciente  no inicio da campaña (Iñaki Berasaluce / Europa Press).
SOCIAL

Médicos de familia piden tratar a Covid como a gripe: "A inmunidade e Ómicron permíteno"

Avogan por recuperar a "vella normalidade", suprimindo as máscaras e calquera tipo de restrición, na liña do expresado na segunda feira polo presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez.
EuropaPress_3306316_interior_residencia_mayores_domusvi_outeiro_rei_lugo_galicia_espana
SOCIAL

O coronavirus, desbocado na residencia de DomusVi en Bembrive

Segundo puido saber 'Nós Diario', máis da metade das persoas usuarias deste centro estarían contaxiadas da Covid-19.
Persoal de enfermaría inocula a vacina fronte ao coronavirus na Galiza, nunha imaxe de arquivo (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Coronavirus Galiza: case 6.000 novos contaxios e máis de 71.000 activos, mais a presión nas UCI segue a minguar

Os casos activos da Covid-19 seguen en aumento e alcanzan unha nova marca ao superar a barreira dos 71.500 por primeira vez desde o inicio da pandemia, tras contabilizarse 5.927 novos contaxios. Porén, hai cinco persoas menos nas UCI.
Test de antíxenos da Covid-19. (Foto: Jesús Hellín/Europa Press)
SOCIAL

'Deltacrón', 'flurona'... Son unha verdadeira ameaza? Isto opina a OMS

A Organización Mundial da Saúde insta a seguir a cumprir as medidas de prevención para frear a transmisión do coronavirus, como o uso da máscara ou manter o distanciamento social.
Lote de vacinas de Pfizer (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Pfizer avanza que podería ter lista en marzo unha vacina “adaptada” a ómicron

A empresa di que é unha petición dalgúns países que "queren que estea lista canto antes".

Vehículos aparcados no CHUS. (Foto: Arxina)
SOCIAL

A Xunta habilita 32 puntos para poder facer probas diagnósticas gratuítas de Covid

Nas diferentes áreas sanitarias da galiza. 
arxina reinicio curso
SOCIAL

Un reinicio de curso na Galiza con 13.000 baixas

As baixas no profesorado, as incertezas e dúbidas nas familias e a ausencia de miles de alumnos protagonizaron este 10 de xaneiro o reinicio do curso escolar na Galiza. O retorno veu marcado  tanto polo virus que condiciona as vidas desde 2020 como polos recortes educativos desta década. 
Unha nena leva unha máscara na praia das Salseiras, no municipio da Laracha (Foto: M. Dylan / Europa Press).
SOCIAL

Todas as máscaras protexen contra a variante Ómicron?

A comunidade científica advirte que non todas as máscaras son efectivas para evitar os contaxios da variante máis transmisíbel da Covid-19.
Unha persoa é tratada coa vacina de Pfizer. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
SOCIAL

Coronavirus Galiza: supéranse os 67.000 casos activos e descende a presión nas UCI

A Galiza abeira hoxe 67.724 casos activos da Covid-19, logo de rexistrar outros 4.966 novos contaxios, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus ascenden a 502.