O alcalde de Oleiros, a un edil socialista que aludiu á súa muller: "Cago na nai que te pariu, fillo de puta"
Para a formación que dirixe García Seoane, o PSOE mantivo unha "actitude groseira", debido a que "desde o principio do mandato" basean a súa participación "nas agresións persoais". Así, salientan que "a calumnia sobre as propiedades da muller de Ángel García Seonae superou todos os límites" e sinalan que xa noutro momento recorreron aos tribunais con ese tema e tanto o alcalde como a súa familia foron absoltos.