"Aínda non decidín se serei candidato, mais non teño medo a perder"
Todas as voces do PSdeG consultadas por Sermos dan por suposto que o economista Gonzalo Caballero (Ponteareas, 1975) optará a dirixir o partido, mais a este respeito el opta por unha ambigüidade calculada. Na conversa política que publicamos no Sermos252, Caballero reivindica o legado de Touriño -a súa apertura á sociedade no momento en que accedeu á secretaría xeral do PSdeG, o paso previo para a conquista da Xunta en 2005. Eis un avanzo da entrevista.