Beijing confirma que participará na xuntanza coa India ou o Brasil, aínda así, a meirande parte dos participantes son membros da Organización do Tratado do Atlántico Norte.
Arabia Saudita acolle unha reunión para tratar de incluír máis países na órbita de apoio á formula de paz ucraína, perante unha contraofensiva que de fracasar desataría as presións da OTAN a Kíiv para acabar co conflito, sosteñen medios especializados.
Ao final do cumio Rusia-África, O Cairo solicitou a Moscova que dea un paso adiante para reactivar o acordo de exportación de gran do Mar Negro, mentres distintos líderes destacan as consecuencias negativas do conflito bélico entre Rusia e Ucraína e apuntan á proposta de paz africana como unha potencial solución.
A seguridade alimentaria de África protagonizou a primeira xornada da cimeira de Rusia cos Estados do continente, preocupados polos efectos dunha potencial suba dos prezos dos cereais após a fin da iniciativa de exportación de gran ucraíno polo Mar Negro.
Rusia acusa a UE de reter os envíos de fertilizantes que remite de balde a países empobrecidos, insistindo na súa capacidade de substituír as entregas de cereais ucraínos.
Após a suspensión esta semana por parte de Rusia do acordo para a exportación de gran ucraíno polo Mar Negro, cinco Estados de Europa Central reclamaron esta cuarta feira a Bruxelas que a prohibición de importación de cereais de Kíiv se prorrogue até finais de ano, entre o temor dunha nova caída de ingresos para o campesiñado perante unha posíbel entrada de millóns de toneladas de cereais de Ucraína.
O conflito en Ucraína protagoniza o cumio entre o bloque comunitario e os países latinoamericanos e caribeños, que chegaron a un acordo á última hora do que Managua se descolgou.
Rusia suspende a iniciativa de exportación de gran ucraíno polo Mar Negro criticando que, até o de agora, poucos días antes de facerse o primeiro ano desde a súa entrada en funcionamento, as sancións coercitivas sigan freando a venda dos seus cereais. 44% das exportacións no contexto da iniciativa foron dirixidas a países de altos ingresos.