Sanidade

Alberto Núñez Feixoo após a reunión do Goberno galego (Xunta).
Política

Feixoo xa sabía que os test de coronavirus do Ministerio eran "de apoio"

O presidente galego critica que os test da COVID-19 enviados polo Ministerio de Sanidade "non valen para facer un diagnóstico fiábel", mais o pasado domingo xa afirmou que eran "de apoio". 
Residencia de Barreiro, en Vigo (DomusVi).
Social

20% das 5.460 persoas con COVID-19 están vencelladas coas residencias de maiores

Na Galiza rexistráronse 800 altas de pacientes que superaron a enfermidade e realizáronse un total de 34.423 probas PCR para a detección do coronavirus desde que comezou a pandemia. A cifra de falecementos é de 288
Recollida de mostra para test de coronavirus (Imaxe: Roberto Pfeil).
Social

Comisión da COVID-19 da Xunta conclúe que os test enviados polo Ministerio "non teñen utilidade clínica"

A Comisión de xestión da crise sanitaria COVID-19, creada pola Xunta da Galiza, conclúe que "os 57.760 test rápidos enviados onte polo Ministerio" non serven para "facer un peneirado en residencias e profesionais sanitarios".
Corredor hospital.
Social

Denuncian que o Sergas deixa sen contrato o persoal temporal con COVID-19 mentres está de baixa

A CIG-Saúde asegura que o Sergas non está a renovar os contratos das profesionais que están a traballar con contratos temporais de pouca duración que dan positivo en COVID-19.
Desinfección nas residencias (Marta Fernández / Europa Press).
SOCIAL

A Xunta obriga as residencias a notificar falecementos pola COVID-19 25 días despois de declarar a emerxencia sanitaria

A Administración galega non ofrece unha fotografía exacta da situación das residentes e do persoal contaxiado da COVID-19, ao non computar no informe diario da Consellaría de Sanidade os falecementos que se producen fóra dos centros hospitalarios. O Sergas ofreceu onte, por primeira vez, a taxa de letalidade de coronavirus na Galiza.
Hospital Marítimo de Oza (Xunta).
Social

Valedora do Pobo admite a trámite unha queixa pola falla de medios contra a COVID-19

Un profesional sanitario do Hospital Marítimo de Oza denuncia que se incumpriron os protocolos de illamento cos primeiros casos sospeitosos de coronavirus e se facilitou o contaxio entre pacientes e o persoal do centro.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
Política

Feixoo di que o Goberno "lle retira moito máis do dobre do que lle dá" a Galiza

O presidente galego critica a retirada de fondos para políticas de emprego que o Executivo estatal non entregará aos diferentes territorios, un total de 100 millóns de euros.
Probas de detección de coronavirus nos coches (Imaxe: Europa Press)
Social

As vítimas por COVID-19 en hospitais galegos elévanse a 190 e nas residencias a 34

Galiza ten 5.175 casos de COVID-19 e supera as mil persoas hospitalizadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública informa de que dos pacientes con coronavirus 169 permanecen en UCI, 893 están en unidades de hospitalización e 4.113 no seu domicilio.
Pedro Sánchez (Borja Puig/Moncloa).
Internacional

Sánchez pide unha listaxe de infraestruturas para aloxar contaxiados de COVID-19 sen síntomas

O presidente do Goberno do Estado pediu aos presidentes dos diferentes territorios que faciliten unha listaxe de infraestruturas para poder aloxar a contaxiados polo coronavirus pero que están asintomáticos.
Bebé ao pouco de nacer (Foto: EP).
Social

Centros de saúde rectifican a anulación de citas e reprograman vacinas e revisión a menores de 12 meses

Menores aos que o Sergas recomenda manter o programa de seguimento infantil viran anuladas as súas citas pola COVID-19.

Pedro Sánchez.
Internacional

O Goberno solicita prorrogar o estado de alarma até o 25 de abril

Pedro Sánchez decidiu este sábado solicitar unha nova prórroga do estado de alarma até o vindeiro 25 de abril e avanza que non serán "só" 15 días máis. 
Probas de detección de coronavirus nos coches (Imaxe: Europa Press)
Social

Galiza achégase ás 5.000 infectadas de COVID-19 e celebra 531 altas de pacientes hospitalizadas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 4.926. 
Desinfección nas residencias (Marta Fernández / Europa Press).
Social

Os contaxios en residencias dispáranse máis dun 23% este sábado, suman xa 554 maiores e 194 empregados

Un total de 748 persoas con coronavirus están relacionadas con estes centros para a terceira idade na Galiza. 
Verónica Fernández (EP).
Social

Verónica Fernández superou o seu ingreso, pero a súa sogra morreu: "A ela, que era dependente, nin a intubaron"

"Que a xente quede na casa, que non saia, que non se expoña. É súper contaxioso, e a xente nova tamén cae", advirte esta muller que superou a COVID-19 após o seu ingreso no hospital de Vigo.

José Tubío.
Social

O investigador José Tubío monitorizará a evolución do coronavirus na Galiza

O seu laboratorio no CiMUS da USC empregará tecnoloxías de secuenciación xenómica para identificar todas as mutacións do coronavirus presentes no país. 

Desinfección nas residencias (Marta Fernández / Europa Press).
Social

Seis falecementos máis nas residencias de maiores galegas elevan as mortes a 27

Producíronse seis falecementos nas últimas 24 horas en catro residencias de maiores da Galiza, segundo confirmou a Consellaría de Política Social. 
Alberto Núñez Feixoo (David Cabezón/Xunta).
Política

Feixoo di que hai 124 casos de COVID-19 en hospitais privados, aos que "evidentemente, se lles vai pagar"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, dixo que nestes momentos aínda "non hai saturación". 
Operario na central loxística do Sergas (Xunta).
Social

Un millón de máscaras de protección contra o coronavirus con debuxos de Leiro e Canogal

O material será distribuído a todo o país, mais con carácter prioritario Sanidade enviaráo a hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias.
Martiño Noriega, Antón Gómez-Reino e Eva Solla (En Común-Anova).
Política

Galicia en Común critica os recortes de Feixoo na atención primaria e piden máis "esforzo investidor"

Antón Gómez-Reino, portavoz da coalición, sinala que Galiza "podería enfrontarse a esta crise con moitas máis garantías" de non ter recortado o orzamento para a atención primaria na última década. 
Gonzalo Caballero (Europa Press)
Política

PSdeG pide "incrementar" camas de UCI para a chegada do pico de contaxios

O secretario xeral, Gonzalo Caballero, afirma que "algo fallou" nas residencias de maiores, nas que se produciron "contaxios masivos" da enfermidade COVID-19.