Atención Primaria

ANA PONTÓN_ATENCIÓN 1ª_3 DE MAIO (3)
POLÍTICA

O BNG reclama o "desconfinamento" da Atención Primaria co regreso á presencialidade das citas "ao 100 por 100"

Propón  un “Plan de choque” de 200 millóns de euros para reforzar a atención nos centros de saúde e convocar 6.000 prazas vacantes no Sergas.

A xinecóloga Tania Manrique e a auxiliar Carmen Villar atenden unha paciente en consulta de embarazo [Imaxe: Europa Press].
SOCIAL

As matronas piden "estar preto das embarazadas porque a atención en liña é un parche"

Reivindican a importancia do acompañamento ás xestantes, especialmente na situación "angustiosa" e "incerta" provocada pola Covid-19. 

Indefensos

Os centros de saúde apenas rexistran actividade presencial. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Médicos denuncian os riscos da atención sanitaria non presencial

O malestar polas limitacións á atención sanitaria non presencial déixase notar ao longo de toda Galiza. As protestas vividas nos últimos meses en diversas localidades do país e as mobilizacións convocadas para esta terza feira 21 de abril por SOS Sanidade son unha mostra evidente do descontento existente na sociedade. Mentres o Goberno galego insiste por boca do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en manter este modelo máis alá da pandemia, os profesionais sanitarios advirten dos seus riscos para a saúde das e dos usuarios.
Mobilización en defensa da sanidade pública en Compostela no mes de xuño (Arxina).
star
SOCIAL

Mil prazas de medicina vacantes en Atención Primaria

As listaxes de agarda non deixan de medrar na Atención Primaria, con tempos de espera que, en boa parte dos centros de saúde, sobre todo das vilas peor dotadas, superan os sete días para unha consulta telefónica ou para conseguir unha receita. As limitacións á atención presencial e a falla de persoal sanitario agravan a situación. Mentres o Executivo galego insiste en darlle continuidade a este modelo máis alá da pandemia, persoas usuarias e persoal sanitario chaman a mobilizarse en defensa dunha sanidade pública de calidade.

Como che doe?

Veciñanza de Cerdedo-Cotobade mobilizouse o pasado mes de febreiro en defensa da atención presencial. (Foto: Nós Diario)
star
SOCIAL

Os recortes na atención presencial baten na sanidade: malestar entre as usuarias

As queixas polas restricións á atención presencial nos centros de saúde de Atención Primaria repítense en todo o país. As mobilizacións desenvolvidas en diversas localidades, así como as protestas previstas nas próximas semanas, son a expresión do malestar social existente. Usuarias, colectivos sociais e entidades en defensa da sanidade pública amósanse convencidas de que a Xunta da Galiza aproveita a pandemia para desmantelar a Atención Primaria. O conselleiro de Sanidade, nunha entrevista concedida a Nós Diario, defende este modelo.
Manifestantes na concentración en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública en febreiro de 2020. (Foto: Álvaro Ballesteros / Nos Diario).
star
SOCIAL

Sanidade exixe potenciar aínda máis a "telemedicina"

Após un ano paralizado, o Servizo Galego de Saúde vén de reactivar o Consello Técnico de Atención Primaria, creado en 2019 para sentar as bases dun novo modelo para o primeiro nivel da asistencia sanitaria.
Novo centro de saúde da Estrada, na comarca do Deza. (Foto: Arxina).
star
SOCIAL

A Atención Primaria reivindica o seu valor esencial: "Non se pode facer medicina por teléfono"

O Comité de Bioética da Galiza vén de presentar un informe no que alerta das mudanzas que provocou a pandemia da Covid-19 na Atención Primaria. A crise sanitaria moveu o marcos da asistencia máis próxima creando dificultades de acceso aos centros de saúde e un impacto directo na relación entre profesionais e pacientes, advirte. Unha deterioración que ademais de causar o descontento da poboación, "pon en grave risco a calidade asistencial prestada no conxunto do Sistema Público de Saúde da Galiza. 
Imaxe de arquivo dunha manifestación das médicas do servizo antes da pandemia. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
SOCIAL

Sanidade defende a xestión da Atención Primaria pese ás críticas de colectivos de pacientes

O director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, destacou ademais que hai menos tempo de agarda para renovar os tratamentos. Así respondeu ás críticas do sistema actual por parte do deputado socialista Julio Torrado.

O mellor sistema sanitario do mundo?

A  Covid-19 paralizou desde marza o funcionamento ordinario da atención primaria e hospitalaria (Glòria Sánchez / Europa Press)
star
SOCIAL

O impacto da Covid na atención sanitaria: miles de cancelacións e aumento da mortalidade

 Ademais dunha mortalidade directa moi elevada, a Covid-19 deixa un aumento de patoloxías graves que complica a supervivencia entre pacientes con enfermidades curábeis e reduce tanto a calidade como a esperanza de vida. Son consecuencia da deterioración do propio sistema sanitario, paralizado tras a chegada do coronavirus. Profesionais e usuarias urxen reactivalo. Piden circuítos seguros na Atención Primaria e a redución das listas de espera hospitalaria.
Consulta de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde (Foto: CRTVG).
star
SOCIAL

O futuro da Atención Primaria, en xogo

A pandemia da Covid-19 agravou as eivas que os colectivos profesionais da Atención Primaria xa viñan denunciando antes da chegada do coronavirus. Reclamaban tempo, recursos e dignidade para atender as súas pacientes correctamente, unhas demandas que manteñen en plena crise sanitaria. O persoal do primeiro nivel asistencial exixe cambios. Unha reforma global baseada nas conclusións do Consello Técnico, paralizadas pola Xunta. Piden recuperar autonomía e dotar os centros de saúde de equipos suficientes e multidisciplinares para unha atención integral das doentes. 

 

Concentración en Vilalba (Foto: BNG).
SOCIAL

O BNG defende en Vilalba un aumento de 100 millóns de euros para a Atención Primaria

A deputada Olalla Rodil resaltou nunha concentración diante do centro de saúde que "hai que desconfinar a atención primaria”.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, compareceu hoxe por vez primeira no Parlamento galego. (Foto: Arxina)
POLÍTICA

Sanidade pon como meta chegar a 40% de presencialidade na Primaria en decembro

O conselleiro anuncia 140 prazas novas na Atención Primaria

Irresponsabilidade... e esperanza!

A mobilización das familias busca garantir a atención pediátrica especializada. (Crianzas)
Día da Infancia

A carencia de pediatras e matronas, camiño de se converter nun problema crónico

A carencia de pediatras e matronas nos centros de saúde da Galiza comeza a converterse nun problema crónico. Así o ven as familias, que despois de numerosas protestas locais, salteadas por comarcas de todo o territorio, decidiron unir as súas forzas nunha plataforma única para darlle voz ás dificultades de atención que atravesan, sen resposta por parte da Administración. Coincidindo  co Día Mundial da Infancia, lanzan unha campaña en redes sociais. "Non imos permitir que nos arrebaten a Atención Primaria, moito menos agora coa crise sanitaria que estamos a vivir".
A deputada do BNG Montse Prado presentou a moción.
POLÍTICA

O Parlamento pide a reactivación das consultas presenciais na Atención Primaria

A deputada do BNG Montse Prado alcanzou o apoio de toda a Cámara para demandar a reactivación da atención prensencial nos centros de saúde. 
Realización dunha proba PCR no concello de Abegondo. Europa Press
SOCIAL

A Primaria amósase “insubmisa” para deixar de pedir PCR a contactos estreitos

As e os facultativos consideran que esta decisión é “nefasta” e pensan que a estratexia o único que busca é “reducir o número de PCR a realizar”.

Queixarse