O atletismo galego ten esta fin de semana varios compromisos. Deportistas da Galiza participarán no Campionato de España de 10.000 e de 5.000 metros no País Valencià. Ademais, en Córdoba (Andalucía) terá lugar o Campionato de España de 20 km Marcha.
A Deputación da Coruña anunciou que Santiago terá unha nova carreira en ruta co nome de "Os 10.000 peregrinos". Tamén en atletismo, a selección Sub-16 e Sub-18 gañou oito medallas en Iruña (Nafarroa).
O Club Atletismo Narón organizará unha carreira popular no seu municipio o vindeiro 9 de abril. Desde a entidade deportiva agardan que esta proba se consolide co tempo.
O atleta de Viveiro levou a medalla de ouro en 800 metros no campionato de Europa indoor. Ademais, o atletismo galego tivo unha boa actuación en Sub-20 e Máster nos campionatos disputados nas localidades de Sabadell (Catalunya) e Antequera (Andalucía).
Vinte atletas farán parte do estatal Sub-20 esta fin de semana en Sabadell, Catalunya. Tamén esta fin de semana decorrerá o Campionato de España Máster, con presenza galega, en Andalucía.
A lanzadora de peso de Mugardos, Belén Toimil, revalida a primeira praza estatal. Ademais, Saleta Fernández queda subcampioa en salto e Joslyn Brea leva o bronce no Campionato de España.
O inverno, no referente ao atletismo, é sinónimo de pista cuberta e de campo a través, modalidade esta última que coroará as súas novas raíñas e reis da Galiza no Campionato Xunta das categorías absoluta, Sub-23 e Sub-20.