Corrupción nos Borbóns? Camiñemos cara á República da Galiza
03/abr./13
A monarquía é unha institución feudal, un sensentido en democracia. A española éo aínda máis. A Constitución de 1978 declara inviolábel a figura do monarca, non suxeito a responsabilidade. Isto é unha aberración xurídica, unha monstrosidade antidemocrática, un vestixio do fascismo.
É hora de desembarazármonos destes foros medievais.