boxeo

O boxeador Enmanuel Reyes Pla púxose o alcume de 'O Profeta' en homenaxe á súa avoa materna. (Foto: RFEBox vía Europa Press)
Entrevista | París 2024

Enmanuel Reyes Pla, boxeador: "O meu obxectivo é o ouro en París, é para o que levo anos traballando"

Os de París serán os segundos Xogos Olímpicos para o boxeador Enmanuel Reyes Pla (A Habana, 1991), cubano de nacemento e coruñés de 'adopción'. O seu único obxectivo é lograr a medalla que se lle escapou en Toquio cando foi eliminado polo campión olímpico en cuartos nun combate decidido aos puntos.
Silvestre Gómez, co seu cinto de campión, este sábado. (Foto: Nós Diario)
Agora

Silvestre Gómez, campión galego 'Neopro' de boxeo na categoría de Pesos Pesados

O púxil noiés Silvestre Gómez alzouse este sábado co cinto que o acredita como Campión Galego Neoprofesional na categoría de Pesos Pesados, após un interesante e duro combate contra o marinense Raúl Loira. Foi na velada en homenaxe ao boxeador Tono da Silva, falecido en 2022, no Liceo de Noia.
Á esquerda, unha velada de boxeo no mes de setembro na Coruña. Ao lado, José Luis Álvarez, María Reimóndez, Silvestre Gómez e Amaro Xesús Núñez. (Fotos: FGBoxeo e Nós Diario)
star
DEPORTES

O boxeo galego deixa K.O. os prexuízos e suma máis de 6.000 licenzas

A nivel social, sempre existiron moitos estigmas ao redor do boxeo. Porén, como a maior parte dos prexuízos, estas ideas asociadas a este deporte nunca foron de todo certas. En realidade, a disciplina achega moitos beneficios ás persoas que a practican tanto a nivel físico como mental e de aí o auxe innegábel do boxeo no noso territorio. A federación galega deste deporte xa conta con 6.345 membros e os campionatos organizados recollen cada vez mellores resultados. Galiza comeza a facerse un nome neste deporte e o boxeo, día a día, vaise facendo máis galego.
Maike Tyson posa coa bandeira galega. (Foto: Federación Galega de Boxeo).
DEPORTES

Que fai a lenda do boxeo Mike Tyson cunha bandeira galega?

A Galiza coouse na última convención do Consello Mundial de Boxeo.
A pesar da súa xuventude, 'Silver' conta con máis de 20 combates ás súas costas. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Silvestre Gómez, boxeador: "Gústame enfrontarme con rivais que son máis grandes ca min"

O Campionato Galego de Boxeo que se desenvolveu a pasada fin de semana no Pavillón de Baltar de Sanxenxo viu como o novísimo púxil Silvestre Gómez (Noia, 2004) prolongaba a súa extraordinaria xeira de resultados no certame nacional, onde conta as súas participacións por vitorias.

O boxeo tomará Riazor o 21 de outubro (Foto: Azteca Box).
DEPORTES

Dani Moukoko e Jaír Ramírez encabezan a IV Velada de Boxeo 'Coruña en Loita'

26 boxeadores e boxeadoras conforman o cartel do certame.

Combate!

Emmanuel Reyes, 'O Profeta' (Foto: Nós Diario).
DEPORTES

Enmanuel Reyes Pla, 'O profeta', debutará na Coruña como profesional

O boxeador coruñés participará en varias veladas na súa cidade e dará o paso á profesionalidade. Porén, poderá estar na cita olímpica de París.
O boxeador deu a sorpresa da xornada e xa está clasificado para os cuartos de final. (Foto: COE).
DEPORTES

Golpe olímpico de Enmanuel Reyes

Nunha xornada moi axitada en todos os sentidos, como poden dar testemuña Támara Echegoyen e Iago López, que padeceron os efectos do tifón 'Nepartak', o boxeador Enmanuel Reyes sacudiu os xogos eliminando o casaco Vassiliy Levit, subcampión olímpico e bronce mundial, situándose así a dous pasos das medallas.