Catalunya

felipe
CARGA CONTRA JUNTS PEL Sí

Felipe González compara o proceso soberanista catalán co fascismo

“É o máis parecido á aventura alemá ou italiana dos anos trinta do século pasado”. Así se refire o ex presidente español Felipe Gonzalez ao proceso independentista catalán nunha carta aberta publicada este domingo.

Ana Miranda
Països Catalans

Ana Miranda, peche 'simbólico' na candidatura da CUP para o 27S

A lexislación electoral vixente impediu que callase a proposta da Candidatura de levar en postos simbólicos a persoas como o irmán de 'Txiki' -vasco, último fusilado polo franquismo- ou o catedrático madrileño Ramón Cotarelo.

ada colau
Països Catalans

Colau apoiará a independencia se o soberanismo ten maioría o 27S

A alcaldesa de Barcelona recoñece que as eleccións cataláns que decorrerán en apenas un mes son “excepcionais”.

Oriol Junqueras, president de ERC [Imaxe: María Abelleira]
Països Catalans

“Moitos dos que votarán independencia séntense emocionalmente españois”

O presidente de ERC defende nunha entrevista na Cadena Ser que a independencia e as políticas de esquerda “son inseparábeis”. Oriol Junqueras afirma que "o noso obxectivo é que o goberno do PP non decida as nosas políticas nin as nosas necesidades orzamentarias".

PRIMARIAS E PARLAMENTARES, RESPECTIVAMENTE

A Arxentina e Haití, en eleccións

Os colexios electorais xa abriron na Arxentina e en Haití. As primarias arxentinas son a antesala das eleccións xerais de outubro e as eleccións de Haití son as parlamentares, que tiñan que celebrarse hai máis de medio ano.

Països Catalans

Críticos de Podemos, EUiA e MES concorrerán ao 27S como 'Guanyem Catalunya'

“Non cremos en movementos nin coligazóns de políticos espectáculo”, afirman, distanciándose dos 'personalismos' que atribúen a 'Junts pel Sí' e 'Catalunya Sí que es Pot'.

Nora Miralles
NORA MIRALLES, DO SECRETARIADO NACIONAL

“A CUP aposta na ruptura a través da desobediencia co marco legal do Estado”

Nora Miralles (Barcelona, 1987) fai parte do Secretariado Nacional da CUP (Candidatura d'Unitat Popular) e é a responsábel das Relacións Internacionais da organización, que este sábado 25 de xullo abriu a votación telemática para elixir as súas candidaturas para as eleccións do 27 de setembro. Visitou estes días Santiago para participar na Declaración de Bonaval, con BNG e Bildu. Fixo parte tamén dunha palestra no Festigal. Falamos con ela sobre o proceso soberanista e sobre as eleccións.

Pablo Iglesias
PABLO IGLESIAS

Apoiaría levar Catalunya aos tribunais? "Cando se den as circunstancias valorarémolo"

O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, non excluíu esta cuarta feira a hipótese de a súa organización apoiar o Estado español en caso de este actuar contra Catalunya nos tribunais na eventualidade dunha declaración unilateral de independencia.

Països Catalans

Un ex-dirixente de ICV encabezará a lista unitaria para o 27S

Raül Romeva e Carme Forcarell (ex-presidenta da ANC) serán primeiro e segundo na lista de unidade de CDC e ERC para a folla de rota independentista. Artur Mas vai de cuarto e Oriol Junqueras ocupa o quinto posto.

Països Catalans

Mas e Junqueras, cuarto e quinto na candidatura unitaria para o 27S

Os tres primeiros postos serán ocupados por independentes, así como o 6 e o 7. O resto, a repartir entre CDC (58%) e ERC (42%). A lista vai da man dunha folla de rota cara á independencia.

Països Catalans

CDC, ERC e CUP apoian unha candidatura independentista da sociedade civil para o 27S

A CUP pon como condición que xusto após eses comicios se convoquen eleccións constituíntes.

A Cataluña intervida e ameazada

As constantes ameazas e usurpacións que Cataluña soportou, tiñan un fin: desmantelar a súa identidade. Desde Filipe II até hoxe houbo inxerencias directas co fin de colonizar a fala, as costumes e anular as súas constitucións, polas que se rexían os cataláns.

Països Catalans

Convergència: “O proxecto político de CiU acabou”

O coordinador xeral de CDC afirma que Convergència e Unió non seguirán xuntos. “É un camiño de non retorno” dixo Jossep Rull, matendo a aposta independentista.

Vilaweb
Països Catalans

Unió abandona o Govern e racha a alianza con Convergència

Unió deixa a Generalitat e podería desfacer a federación, malia que Duran i Lleida o rexeita.

Països Catalans

Ultimato de CDC a Unió sobre a independencia

Voceiros de Convergència emprazan a dirección de UDC a se pronunciar se está ou non a favor de integrar unha candidatura independentista de cara ao 27S.

unio catalunya
Països Catalans

As teses de Durán i Lleida gañan por escasa marxe no referendo de Unió sobre o ‘procés’

Un 50.9% da afiliación votou a prol da pregunta interna na que se excluía a Declaración Unilateral de Independencia (DUI). Un 46,1% da militancia de UDC posicionouse coas teses independentistas.

Països Catalans

Ada Colau asistirá como alcaldesa á manifestación soberanista do 11S

“Referendamos o noso compromiso con este proceso popular e amplo”, afirmou após se reunir coa ANC, mas evitou comprometerse coa entrada de Barcelona na Asemblea de concellos pola independencia (AMI).

Països Catalans

Unió desbota a independencia na consultas ás bases

@s 5.000 militantes do partido catalán votarán o 14 deste mes nun referendo interno o posicionamento da UDC no proceso soberanista. A pregunta proposta pola dirección non contempla a DUI. Malestar no sector independentista.

Països Catalans

A xunta electoral prohibe ‘esteladas’ mais autoriza símbolos franquistas

Arquivou una petición para retirar simboloxía da ditadura española dos edificios e espazos públicos, presentada polo Cercle Català de Negocis (CCN).

Països Catalans

Vinte anos de xornalismo en catalán con Vilaweb

O portal de información cumpre dúas décadas na rede un fito para a imprensa dixital europea.