CULTURA
Chusa Pérez: "Debería escandalizarnos ir ao teatro e que non haxa intérpretes de lingua de signos"
01/xul./22
Padrón estréase como nova sede cun dos espectáculos máis singulares do Festival Atlántica deste ano. Faino coa obra Contando polos dedos, con Quico Cadaval e Chusa Pérez de Vallejo, nos xardíns da Fundación Pública Galega Camilo José Cela en Iria Flavia, Padrón (1 de xullo, 21 horas). A lingua de signos tamén será protagonista das historias que se conten. Explícanolo a actriz en conversa con Nós Diario.