Villegas(Cs): "Pelexaremos para que o castelán en Galiza non desapareza da escola"
"En Galiza hai partido que defenden a imposición de determinadas linguas", afirma José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos, nunha entrevista que esta fin de semana publica en Faro de Vigo e na que insiste na teima do seu partido de que o español está en perigo en Galiza.