clase traballadora

25N CIG
SOCIAL

25N: Nélida: Acosada e agredida pola empresa por ser traballadora, nai e sindicalista

O acto nacional da CIG polo 25N, Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizouse esta sexta en Compostela. Unha concentración na estación de autobuses solidarizouse con Nélida Pisco, condutora de autobús que tras varios anos de loita, por defender os seus dereitos como nai e traballadora, segue a ser acosada por parte da empresa e xa foi a xuízo –visto para sentenza- por ter sido mesmo agredida
ECONOMÍA

O TSXG suspende os servizos mínimos para universidades e no transporte escolar e de traballador@s

O tribunal dita un auto a petición da CIG no que resolve que os mínimos fixados eran desproporcionados e abusivos.
ECONOMÍA

14N, a data na que a clase traballadora na Europa dirá: abonda xa!

O 14N foi convocada como unha xornada de loita e protesta a nivel europeo contra as políticas de 'austeridade' que están a xerar grandes fendas de desigualdade e a levar ao empobrecemento a amplas capas da sociedade. Pola volta dunha ducia de países acollerá protestas e mobililizacións, desde folgas xerais e paros de media xornada ou manifestacións e concentracións.
ECONOMÍA

CIG pide o cese do representante do PP no consello da CRTVG por impagos a unha traballadora

O sindicato solicita a Núñez Feijóo o cese inmediato de Iravedra Lestal deste cargo, pois négase a pagar 5.000 euros a unha traballadora malia existir sentenza xudicial firme que lle obriga a iso
ECONOMÍA

A CIG embarga bens no despacho dun alto cargo do PP por impagos a unha traballadora

A CIG vai subastar os bens embargados para cubrir os 5.000 euros que Iravedra Lestal, membro da dirección provincial do PP en Lugo e representante deste partido no consello da CRTVG, adebeda a unha traballadora. Négase a llos pagar malia a existencia dunha sentenza xudicial en firme.
Manifestación en Vigo en defensa dos servizos públicos 16/10/2012
SOCIAL

Milleiros de persoas mobilízanse canda @s traballador@s da área pública contra a política de recortes

Na tarde desta segunda feira tiveron lugar manifestacións nas sete cidades galegas convocadas pola Plaforma en Defensa dos Servizos Públicos.
CIG Banca
ECONOMÍA

Piden que se clarifique o futuro de NGB e o seu plantel de traballador@s

Delegad@s da CIG concentráronse ante a Xunta para exixir transparencia sobre o futuro de Novagalicia Banco (NGB) e que se manteñan os empregos
Eleccions2012

Guillerme Vázquez pide o voto da clase traballadora "para que teña quen a defenda" no Parlamento

O voceiro do BNG celebrou un encontro con delegados sindicais da CIG na Coruña en que insistiu en concentrar o voto na súa formación.
Mobilización do sector naval en Ferrol
ECONOMÍA

Milleiros de traballadores do naval exixen na rúa carga de traballo e explicacións sobre Pemex

Na manifestación en Ferrol, os operarios tamén denunciaron que nos Orzamentos Xerais do Estado están ausentes partidas para o sector
Brigadista
SOCIAL

Traballador@s contra incendios manifestaranse contra a privatización do sector

A acabada de crear Plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais convocou unha protesta para o día 29 de setembro en Compostela.
SOCIAL

Denuncian a parálise da Xunta e o uso de traballador@s públic@s na campaña electoral

Paralización de expedientes, tramitación axilizada doutros en función dos intereses ou uso de persoal da función pública para tarefas de campaña son algunhas das denuncias emitidas pola CIG-Administración.
ECONOMÍA

Escalada do IPC afoga o poder adquisitivo d@s traballadores

O ritmo de medre do Índice de prezos ao consumo siuou a taxa interanual nun 2,6% na Galiza, espoleado polas alzas en vivenda, transporte ou medicinas.
Industrias Caamaño
ECONOMÍA

Empresario de Culleredo despide os traballadores que fixeron folgas para reclamar que se lle paguen os salarios

O persoal recurriu os despedimentos ante a xustiza a denuncia a situación de "total desprotección" na que se atopan
POLÍTICA

A FPG aposta por alcanzar acordos amplos con distintas forzas

Nun comunicado emitido após as primeiras reaccións á súa xuntanza con Esquerda Unida, a FPG (re)afírmase na súa “liña histórica” e na vontade de faceren posíbel “unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro”.
ECONOMÍA

Traballadores de Bioetanol marcharon en Teixeiro contra o despedimento de 4 compañeir@s

Amplo seguimento do cadro de persoal de Bioetanol Galicia SA da folga de 24 horas, tamén se sumaron a ela as compañías auxiliares
POLÍTICA

A CUT lembra neste 25 que "non hai Patria sen clase traballadora"

O sindicato protagonizou unha concentración na alameda compostelá co gallo do Día da Patria Galega
ECONOMÍA

As cotas d@s traballador@s para a súa formación serven para financiar a Xunta as súas políticas de emprego

 
CIG denuncia a irregular distribución de fondos da Convocatoria de formación contínua
Mundo

Multitudinaria protesta de traballador@s públic@s en Madrid contra os recortes

Na Galiza, CIG convocou para esta segunda feira unha xuntanza con CC.OO. e UGT na procura dun chamamento conxunto ás rúas o 19 de xullo para dar "unha resposta aínda máis contundente" ás medidas impostas por Rajoy
ECONOMÍA

Morre un traballador nun accidente laboral no porto de Vigo

Galiza rexistra unha media de catro sinistros laborais cada hora e cen cada día. No emprego do fogar, esta figura non estaba recoñecida até o ano pasado
ECONOMÍA

Máis un caso de represión contra as traballadoras, desta volta, na cafetería da Brilat

A empresa que xestiona a instalación, Unión Vending Cádiz, acosa ás traballadoras dende que denunciaron atrasos no pago de nóminas, denuncia a CIG