star
Reportaxes
Iniciativas crebeiras que coidan da Costa da Morte
12/xul./24
Esta costa brava asolada pola contaminación de lixo mariño agocha tesouros de gran valor. Falamos de pequenos pero grandes proxectos de rexeneración e coidado do litoral. Existe un conxunto realmente diverso de persoas mobilizadas por coidar do mar e hainas que poñer no mapa. Son xente que decidiu ir ás crebas, mirar esta crise ecolóxica aos ollos e configurar unha resposta creativa e innovadora ante ela.