Verónica Santalices, escritora: "Queríamos mostrarlle ás crianzas o espírito combativo e reivindicativo de Luísa Villalta"
Un xulgado abre dilixencias contra unha nai e unha avoa que acusaron unha profesora de envelenar e maltratar unha nena
O Xulgado de Instrución número 2 de Lugo abriu dilixencias, por un presunto delito de inxurias e calumnias, contra a nai e a avoa dunha nena que acusaron a unha das profesoras do centro educativo ao que asiste a menor de maltratala e envelenala. A docente, a quen as dúas mulleres culparon en reiteradas ocasións de someter á menor a diferentes tipos de malos tratos e de tentar envelenala, foi quen presentou a denuncia ao sentirse prexudicada por estas acusacións.
VÍDEO | As Escolas de Ensino Galego Semente abren o prazo de matrícula para o ano académico 2024-2025
As Escolas de Ensino Galego Semente abriron o prazo de matrícula para o ano académico 2024-2025. “Construimos comunidade para fazer possível que a tua criança inície a aventura de descobrir o mundo na língua do coraçom”, sinala a rede de escolas, que promove que as crianzas sexan protagonistas no proceso educativo, a aprendizaxe activa en contacto co mundo natural, a autonomía e o pensamento crítico, os valores da cooperación e o multilingüismo aditivo.