CRTVG

dsgdfhfgh
LINGUA

O galego non é a primeira lingua do Sergas

O Servizo Galego de Saúde non utiliza a lingua propia para as mensaxes.
A xornalista Esther Estévez presentando o programa da TVG 'Dígocho eu' (Cedida)
LINGUA

Esther Estévez, xornalista: "Se estás consumindo en galego, sexa o noso programa, música ou cine, animaraste a falalo"

A xornalista verinense Esther Estévez é a imaxe das dúbidas lingüísticas na Televisión da Galiza. Presenta o programa 'Dígocho eu' desde o inicio de 2020, meses despois de rematar a carreira, e o éxito nas redes sociais foi exponencial, hai quen di que coa axuda do confinamento e dun maior uso dos contidos audiovisuais, até hoxe. O mérito, como explica sempre, non é só dela senón dun equipo que quixo innovar e tratar a información da nosa lingua de maneira máis amena. 

O escándalo da CRTVG

crtvgBOA
LINGUA

O castelán, con protagonismo na TVG

Malestar por un documental no que en boa medida ese é o idioma que copa a maior parte da súa duración.

 

Alfonso Sánchez Izquierdo, nunha imaxe de arquivo, nunha comisión parlamentaria de control á CRTVG. (Foto: Europa Press)
LINGUA

O español ábrese paso na CRTVG

O director xeral desta corporación, Alfonso Sánchez Izquierdo, resta importancia á entrevista ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, en castelán.
Plató da CRTVG (arquivo).
TRABALLO

A Xustiza obriga a CRTVG a readmitir un traballador

O ente público deberá readmitir e indemnizar a un traballador que non quixo renunciar ás súas vacacións
Protesta do cadro de persoal da CRTVG integrante do colectivo Defende a Galega nunha acción por un Venres Negro. (Foto: Nós Diario)
Análise

O PP busca normalizar o español na CRTVG

A Radio Galega incumpliu a súa propia normativa este sábado. Fíxoo nunha entrevista ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, ao que se entrevistou en castelán.
Entrevista en castelán ao ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez, en castelán (Imaxe: Captura).
LINGUA

A Radio Galega incumpre a súa propia normativa con entrevistas en castelán

O programa Galicia por Diante Fin de Semana emitiu hoxe unha entrevista na que o xornalista conversa en castelán con Francisco Vázquez, galego e alcalde da Coruña durante 23 anos. Desde Defende a Galega reclaman unha rectificación por parte do director xeral da radio e critican o incumprimento da vocación fundacional da radio pública galega.

Dibus en galego

2020102920322723528
POLÍTICA

"Manipulación" e dereitos laborais centran o debate da comisión da CRTVG

Dez meses despois de finalizar o exercicio e en vésperas do 128º Venres Negro, a comisión parlamentaria de control da Corporación RTVG afrontou a comparecencia do director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo para dar conta da Memoria de 2019  do servizo público do ente.
Imaxe da participación de Sara no programa Luar difundida nas súas redes sociais.
CULTURA

Unha mensaxe en defensa da televisión pública deixa no aire as regueifas do Luar

Sara, unha participante deste espazo do veterano programa televisivo da TVG, foi informada de que o ían suprimira após empregar a mensaxe de apoio ao persoal da televisión pública 'Defende a Galega'.
Plató da CRTVG (arquivo).
SOCIAL

Os medios públicos galegos pasan con pés de la polo auto da AN sobre as caixas e a sentenza de Pescanova

‘Defende a Galega’ critica a escasa información dos informativos da canle pública sobre 2 das novas da semana: o auto da Audiencia Nacional sobre a fusión das caixas galegas e a sentenza condenatoria ao presidente de Pescanova.

Amancio Ortega, fundador de Inditex.
ECONOMÍA

Amancio Ortega terá unha serie en Amazon Prime Video

A serie, de oito capítulos, percorrerá a vida do fundador de Inditex desde as súas orixes ata converterse nun dos empresarios máis relevantes do mundo
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
LINGUA

"É unha necesidade": bota a andar a iniciativa popular por unha canle infantil e xuvenil en galego

Preséntase a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular 'Xabarín' 
Sánchez Izquierdo, Parlamenteo (EuropaPress)
POLÍTICA

A "manipulación" da CRTVG chega á comisión de control do ente público

O director xeral da Corporación Radio e Televisión da Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu onte, durante a primeira comisión de control da CRTVG da nova lexislatura, "a resposta extraordinaria" do ente público ante unha "situación extraordinaria" marcada pola pandemia de Covid-19.
Membros do colectivo Defende a Galega (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

Defende a Galega urxe a nomear un novo director xeral da CRTVG "conforme marca a lei"

Defende A Galega esíxelle ao grupo parlamentario do Partido Popular, como forza que sustenta o goberno, que propoña un candidato á dirección xeral da CRTVG “que conte coa aprobación de dous terzos da Cámara, tal e como establece a Lei de Medios aprobada en 2011”.

xabarin2
LINGUA

A Mesa anuncia unha iniciativa lexislativa por unha canle Xabarín

A Mesa pola Normalización Lingüística anunciou que presentará unha proposición non de lei de iniciativa popular ao Parlamento de Galiza co obxectivo de instar o Goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle Xabarín.

Asumir

tvg, román rodríguez, educación
SOCIAL

A CRTVG culpa ao Goberno estatal do atraso do curso no ensino secundario

A Televisión da Galiza (TVG) compartiu nas súas redes sociais unha información co titular: "O cambio de protocolo do Goberno central obriga a retrasar o inicio do ensino secundario". Enseguida usuarias e usuarios destas plataformas acusaron á CRTVG de manipulación. O propio conselleiro de Educación obvia as presións que recibiron dos institutos e bótalle a culpa ao equipo de Pedro Sánchez.
xabarin club
LINGUA

Case 2.000 persoas exixen á CRTVG que implante unha canle televisiva para o público infantil

O documento coas firmas, que neste momento superan as 1.800, será entregado ao director xeral da Corporación de Radio Televisión da Galiza, Alfonso Sánchez Izquierdo, e ao Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez. A idea é que haxa unha programación continuada para as crianzas na lingua do país.