cultura

SOCIAL

Os sectores da Cultura e o Ensino participaron cun manifesto na Quintana

O apoio do outros sectores que están a ser protagonistas dos recortes dos gobernos de Feijóo e Rajoy lembraron que a política da dereita tamén lles afecta.
CULTURA

Video do roteiro homenaxe a Alexandre Bóveda en Ourense

Reportaxe realizada por GzVideos do roteiro de Alexandre Bóveda organizado por 30 entidades do tecido asociativo ourensán. Nesta segunda edición tamén se realizou un percorrido polos lugares máis significativos na vida do galeguista na súa etapa moza.

 

 

Cidade da Cultura
Arte imaxe patrimonio

A Cidade da Cultura prepara a exposición menos austera da historia de Galiza

A Cidade da Cultura fechou o Museo de Galiza o día 14 de maio para proceder á instalación da que será a exposición máis custosa da historia de Galiza. Con Gallaecia Petrea trasladaranse ao Gaiás arredor de catrocentas pezas de pedra, algunhas de até dez toneladas de peso.
Os Cempés
Ao vivo

A cultura a escote

Os datos falan de maos tempos para a cultura. Custa financiar os proxectos creativos nun momento de grande crise económica, rebaixas de orzamentos e diminución do consumo cultural. Contra esta situación nace a produción cooperativa, a cultura a escote. Botar adiante iniciativas co que se deu en chamar crowdfunding. O novo disco de Os Cempés ou o tributo a Magín Blanco son dous exemplos do suceso destas iniciativas.

 

Terbutalina: Violent Femmes embarcaron nun palangreiro de Muros
CULTURA

'Hostias para todos' no novo disco de Terbutalina

Ruper Ordorika
ENTREVISTA

Ruper Ordorika: “Sempre me sentín cómodo nesa zona en que se dan a man música e poesía”

O cantante de Oñati estivo na Galiza para apoiar a presentación de ‘Alén da fronteira, Sete poetas vascos’, unha edición bilingüe éuscaro-galego das editoriais Factoría K e Pamiela.
Anacos, de X. Baños
CULTURA

“Anacos”de Xacio Baño faise co premio ao mellor guión no Cortocircuito

Anacos” ten unha duración de 6 minutos e conta no reparto con Mabel Ribera, Fernando Morán e Xosé Barato. Trátase da cuarta curtometraxe de Baños
CULTURA

O Estado destina finalmente 682.000 euros á RAG, 300.000 máis dos previstos inicialmente

O aumento da partida provén da redución das achegas ás academias vasca e catalá
Festival de Cans
Ao vivo

As aldeas da cultura celebran os seus festivais

Dúas das máis relevantes citas culturais deste mes de maio celebraranse en dúas aldeas. Desde o Couto, en Ponteceso, e Cans, no Porriño, preparan as máquinas para botar a andar os seus festivais. Con dous denominadores comúns: son de aldea e non queda ninguén da viciñanza sen participar.
Antón Reixa
CULTURA

Reixa: "Acabou o morbo e comeza unha nova xeira na SGAE"

Antón Reixa (AUNIR) foi elixido novo presidente da SGAE por 24 votos a  favor durante a primeira sesión da Xunta Directiva da entidade
Fernán-Vello
FERNÁN VELLO DENUNCIA O PROGRAMA DA XUNTA DE "DEMOLICIÓN DA CULTURA”

Vinte anos de poesía en Espiral

En dúas décadas Espiral Maior fíxose co máis amplo catálogo de poesía da nosa historia literaria. O editor denuncia os “recortes brutais” por parte da Xunta aos fondos destinados á lectura pública.
Imaxe das Xornadas cedida polo GPUL
TECNOLOXÍA

As bondades da cultura libre, á palestra nas XI Xornadas do GPUL

O Grupo de Programadores e Usuarios volveu divulgar experiencias no Linux cun programa que este ano se dividiu entre a administración de ferramentas web e o desenvolvemento dun proxecto amplo
HOMENAXES NO ANIVERSARIO

A obra de José Afonso regresa 25 anos após a súa morte

Cos seus primeiros traballos inaugúrase en Portugal a reedición da obra de Zeca Afonso, no 25 aniversario da súa morte. En Compostela o 10 de maio celébrase a homenaxe Terra da fraternidade que conmemora os corenta anos de Grândola Vila Morena. En Salvaterra o día 28 será lembrado polos amigos galegos.
Teatro Nacional de Porto
Arte imaxe patrimonio

O goberno portugués rebaixa a cultura para as persoas en paro

Entradas gratuitas en museos e descontos dun 50% no teatro son algunhas das ofertas que o goberno portugués aprobou para que as persoas en paro conserven os seus hábitos culturais
PÚBLICASE O PRÓXIMO 7 DE MAIO

A cantante Teresa Salgueiro pon letra e música a "O misterio"

O Misterio é o novo disco que Teresa Salgueiro publicará o 7 de maio. Por vez primeira a artista participa na composición das músicas e a elaboración das letras no seu traballo máis persoal.

O SORRISO DE DANIEL QUERE SALVAR O ÚNICO MOSTEIRO EN PERIGO NA RIBEIRA SACRA

A por San Paio de Abeleda!

Chove a chuzos o día de Pascua cando acompañamos a Carme Varela, da directiva da asociación O Sorriso de Daniel a Castro Caldelas. Trátase dunha visita máis para preparar o proxecto “Arriba San Paio de Abeleda!”, unha iniciativa que tenta evitar o derrubamento da igrexa e o único mosteiro en perigo na Ribeira Sacra. O lema é o que conduce todas as súas accións: “o patrimonio, sen a veciñanza, ten menos valor”.
MEDIOS PROPIOS PARA UN PAÍS CON FUTURO

Sermos Galiza xa na rede

O próximo día 26 de abril Sermos Galiza estará na rede. Pouco despois, no mes de maio, verá a luz o xornal semanal en papel. Máis de novecentas persoas accionistas contrúen un grupo de comunicación con maior enerxía colectiva.
O clan do oso das cavernas
Letras e Ideas

As novas editoriais apostan pola tradución

Punto G e Hugin e Munin, dous proxectos con poucos meses de vida, dan a coñecer en galego a literatura universal

Xurxo Leo
LEO, SÉS, XURXO SOUTO E MIGUEL MOSQUEIRA

A letra con música entra

Seguen a Ronselzt, citan a Celso Emilio, a Dylan ou a Boris Vian, non esquecen aos Resentidos e algún devece pola literatura medieval. Son Xurxo Souto, O Leo, Sés e Miguel Mosqueira que se xuntaron para falar de músicas con letra.

 

EZEQUIEL MÉNDEZ (COMPOSTELA, 1941)

Estrear Castelao na Compostela de 1961

Unha exposición na Biblioteca Anxel Casal de Compostela lembra o 50º aniversario da estrea da obra “Os vellos non deben de namorarse” na praza da Quintana.